mércores, 1 de abril de 2020

Milicia Gráfica [SERIGRAFÍA]


Para o exercicio que vos propuxen sobre o collage paréceme moi interesante que gocedes do ispirador traballo de Milicia Gráfica. Están establecidos na Coruña e realizan traballos de ilustración, deseño gráfico e editorial así como exposicións artísticas. As ilustracións de Javier de la Rosa, o seu director creativo, evidencian os seus intereses e influencias no mundo da publicidade, o cómic, o cinema ou a música.



Javier de la Rosa, nace en Sevilla en 1966 e comeza a súa formación alí para ao finalizar trasladarse a Madrid desenvolvendo a súa carreira ata hoxe. Unha carreira creativa na que se combinan desde os seus comezos a faceta de deseñador e grafista coa de ilustrador. Como deseñador, dedicado preferentemente ao mundo da cultura e a música, realizou algúns dos máis memorables traballos editados durante estes anos no noso país como “ Lorca” de Enrique Morente, identidade gráfica para o musical “ Unha noite de verán” Tamzin Townsend, “ Fados” de Carlos Saura, por exemplo. Pero estes ámbitos, a ilustración e o deseño gráfico, non constitúen na súa obra aspectos diferenciados e independentes, pola contra ambos se entrelazan e relacionan producindo unha sorte de contaminación estilística de tal modo, que os seus deseños benefícianse do seu mundo ilustrado, descansan sobre os seus gustos, preferencias e indagacións e viceversa; ese mundo ilustrado dos seus recursos como grafista tan peculiar. As súas ilustracións evidencian os seus intereses plásticos e estéticos así como as súas influencias, case sempre explícitos: o mundo da publicidade, o cómic, o cinema, a música, pero tamén Pollock, Twombly, Lichtenstein ou Hockney. Valéndose dun eclecticismo técnico e cunha amable falta de respecto, amálgama nos seus traballos elementos de moi diversa procedencia que adquire, descontextualizados e en relacións inusuais, novos significados e unha maior capacidade de suxerir e conmover, nun exercicio no que sempre prevalece a eficacia perceptiva e a sensualidade colorista mínima que proclaman e transmiten unha concepción, golosa tamén, da arte.


Alba Nicolás Aos mandos do CIC (Centro de Información e Combate) desta nave, esta miliciana encárgase da Produción, a Comunicación e os visuais da Milicia Gráfica despois de: Nacer na Coruña, tomar París 2 anos, 1 en Londres e outros 15 no mundo da moda entre París e Madrid, prepárase para Xestión e Administración de Empresas en Instituto da Cámara de Comercio de Madrid ( IFE), acaba infiltrándose no mundo musical gastronómico, xa que para ela “a comida e a música” son outros medios de comunicación levando co seu socio a sala de concertos Tempo de Madrid durante 1 ano e medio. Tras finalizar esta estrea empresarial traballa outros 15 anos como axente dobre en eventos de cátering que desembocan na súa propia empresa de cátering Se me va la Olla Cátering (actualmente en activo na Coruña). Nestes momentos plasma toda esta experiencia nos visuais e a fotografía na Milicia Gráfica. A súa frase favorita que se apropiou hai anos: “ Se queres ser feliz como me dis, non analices”



Neste vídeo, Caricias de cartón, amosan o proceso dende a recollida nas rúas do cartón a utilizar ata cómo van xogando para chegar a obra final.



Algunhas imaxes dos resultados:

Calamidad

Cara1

catrinas (81x110)


Cara2

Relaciones imposibles


Recoméndovos tamén que lle votedes unha ollada as súas ilustracións e a:
- Sección de Identidade gráfica con portadas de discos de Enrique Morente ou banda sonora da peli Fados de Carlos Saura entre outros traballos.
- "En serie te lo digo" que recopila obra gráfica e ilustracións en colaboración con productoras como Netflix, Neox, NBC entre outras.

Para realizar o noso exercicio de confinamentocollage, no noso caso, usaremos o que teñamos pola casa ( revistas, periódicos, cartóns, serigrafías que fixemos no taller e sairon reguleras...) e aproveitaremos os embalaxes dos productos que merquemos. Exercicio aberto non so para o alumnado, senón para quen queira participar, animádevos a mandar as volsas propostas a serigrafiaemao@gmail.com.

Que o disfrutedes!

2 comentarios:

  1. Ademais estiveron expoñendo en Vigo como primeira e única vez no Halcón Milenario...que recordos.

    ResponderEliminar
  2. Sii, qué tempos aqueles! http://halconmilenario18.blogspot.com/2015/10/como-en-casa.html

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!