martes, 26 de marzo de 2024

Días Europeos da Artesanía no obradoiro de Ourivaría [OURIVARÍA]

Este ano os Días Europeos da Artesanía celébranse do 2 ao 7 de Abril e están adicados aos nenos, baixo o lema “Dedos pequenos, mans expertas”. Dende a especialidade imos realizar unha actividade para que as nenas e nenos poidan participar, e para iso traballaremos con un termoplástico.

O día 2 de abril o noso obradoiro terá as portas abertas para todos aqueles maiores ou nenos que queiran vir a visitarnos, en horario de 12 a 14 horas e dende as 16 ás 21 horas. 

Esa mesma tarde dende as 16:30 ás 20:30 horas realizaremos a actividade “Constrúo a miña xoia” dirixida a nenas e nenos dende os 2 anos ata os 13 aproximadamente e que terán que vir acompañados de un adulto. 


Exemplo para chaveiro

En que consiste esta actividade??!!!!

Pois imos construír xoias empregando un plástico especial que despois se cocerá reducindo o seu tamaño, intensificando as cores e conseguindo unha consistencia parecida a dun vidro. Para elo debuxaremos sobre el, despois pintaremos con cores e recortaremos facéndolle tamén os buratos para colgala, e logo cócese a baixa temperatura, para finalizar coa montaxe podendo rematar con un colgante, pendentes, chaveiro, broche, etc.

Os nenos non teñen que traer nada, pero se queren poder vir cos seus debuxos para calcar sobre o plástico, pero senón aquí teremos exemplos e modelos para inspirarse, como os que podedes ver a continuación... 



A cada neno se lle dará un plástico tamaño A5 para poder realizar os seus deseños, e todo o necesario para a montaxe.

Esta actividade pode levar como moito unha hora, o aforo máximo de nenos será de 15, a medida que acaben pasarán outros 15.

A seguir déixovos un paso a paso de como será este proceso fácil e divertido, durante o cal os nenos terán axuda do seu acompañante e do alumnado ;DD




Así que xa sabedes podedes vir a pasalo e ben e construír a vosa xoia!!!!

Esperámosvos ;DD


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!