venres, 1 de marzo de 2024

1-3-2024. Venres da EMAO presenta a Arturo Álvarez [TALLA E ESCULTURA]

 


Deseñador, artista, artesán, Arturo Álvarez prefire definirse como creador, rebelde e autodidacta. Con trinta anos de traxectoria, é recoñecido como un dos deseñadores españois máis destacados en iluminación polas súas achegas conceptuais e artísticas. Premios e recoñecementos internacionais avalan o seu traballo ao longo dos anos.

Desde 2014 realiza un traballo con forte compoñente artístico, rompendo fronteiras entre arte e deseño ao realizar esculturas con luz e instalacións lumínicas aclamadas por críticos e público.

Presentado por Rosa García (mestra de Talla e escultura en madeira da EMAO)
Data: 1 de marzo de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
 
Entrada libre ata completar aforo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!