luns, 11 de marzo de 2024

"Florido cueril" Masterclass do artesán José Villar López na hemeroteca [COIRO]


Esta tarde ás 17.00 horas, José Villar López, alma máter do  "Taller 1924" e "MACK Silleda" impartira unha masterclass sobre a elaboración de flores de coiro e máis cousas. Dirixida especialmente ao alumnado da especialidade de Artesanía en coiro.
 
Esta clase práctica inclúese no programa de actividades organizadas ao redor da exposición "O Mapa" que pode visitarse no Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro). De luns a venres, laborables de 19.00 a 21.00 horas (do 25 de marzo ao 1 de abril, de 11.00h a 13.00h).
 
Entrada libre ata completar aforo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!