"O Mapa", representa a sexta edición da Bienal do Coiro que a EMAO organiza desde o ano 2013, consolidándose como referencia obrigada neste ámbito da artesanía. A cada edición déuselle un enfoque singular que fixera visibles as propiedades artísticas e funcionais do coiro.
Nesta edición, trabállase a idea da elaboración dun mapa no que
os puntos de interese relacionados co coiro sexan as referencias
xeográficas que nos poidan axudar a establecer un roteiro cos puntos
“coiristicamente” máis representativos. Con esta exposición quérese
comezar debuxando ese mapa por capas, establecendo un roteiro que una ás
Escolas nas que se ensina a traballar o coiro mantendo vivo o oficio, á
vez que outro roteiro una aos Museos, específicos ou cunha importancia
relevante do
coiro. Así, nesta exposición, únense Madrid, Igualada, Burgos, Vic,
Pontevedra, Córdoba, Ubrique, Monforte de Lemos, Allariz, Silleda e
Vigo, que é a orixe e destino desta viaxe no Coiro. O alumnado da Escola
(actual e pasado) terá o seu protagonismo, achegando exemplos de
traballos realizados. En paralelo, desenvolveranse actividades
(másterclass, visitas, conferencias ...) que complementan o programa da
Exposición.
Mentres as Escolas e os Museos sigan mantendo o seu esforzo na conservación e promoción do Coiro e os seus oficios, o traballo de moitos artesáns, que durante séculos ennobreceu este material, seguirá vivo ...
Nome: O Mapa
Lugar: Espazo EMAO. Sala de exposicións da Escola
Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e
Rosalía de Castro)
Datas: do 26 de febreiro ao 22 de abril de 2024
Horario: De luns a venres, laborables de 19.00 a 21.00 horas (do 25 de marzo ao 1 de abril, de 11.00h a 13.00h)
Comisariado: Pepe Pereira, mestre de Artesanía en Coiro da EMAO.
Cartaz: Alba Pardo Cartelle
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!