Xoves, 8 de febreiro ás 20:00
O 18 de xaneiro de 1924 estreouse La leyenda del beso, unha das zarzuelas máis importantes e recoñecidas do mestre Reveriano Soutullo. Con motivo do seu centenario, a Orquesta Clásica de Vigo quere celebrar a importancia dun dos compositores máis importantes da historia de Galicia, nacido en Ponteareas, que levou o nome de Vigo por toda España.
Dentro do ciclo-homenaxe a Reveriano Soutullo este xoves 8 de febreiro ás 20:00, tera lugar na nosa hemeroteca unha escoita comentada das primeiras edicións discográficas de La Leyenda del Beso a cargo de Xaime Estévez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!