martes, 20 de febreiro de 2024

Falamos de fotos: luces e sombras como recurso creativo [OUTRAS NOVAS] [ATENEO ATLÁNTICO]

 

Luces e sombras como recurso creativo é o subtítulo do curso Falamos de fotos que convoca o Ateneo Atlántico. As xuntanzas terán lugar tres mércores consecutivos a partir do 21 de febreiro, en horario de 11 a 13.30 horas, na EMAO. A actividade consiste en conversar sobre fotos: facer fotos e falar de fotos.

Organiza: Grupo de fotografía. Ateneo Atlántico
As sesións estarán coordinadas por Jorge R. Seijo, Luís Otero, Rafael Ojea e Juan Oca.
Lugar: EMAO
Horario: das 11 h ás 13,30 h
Días 21 e 28 de febreiro e 6 de marzo
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!