luns, 5 de febreiro de 2024

Fernando Casás. A natureza creada [PINTURA]

Fernando Casás (Gondomar, Galicia, 1946). Artista plástico e profesor de Escultura na Universidade de Vigo (Pontevedra) desde 1992.


É un artista profundamente reflexivo, que traballa en sintonía coa natureza.


O seu enfoque no desmaterializado e o efémero, suxire unha sensibilidade cara á fugacidade da experiencia humana e a transitoriedade da vida.


Ao explorar as sensacións de momentos que non se repiten (pero que dalgunha forma ou outra consegue materializar en obras de arte físicas), o artista parece estar interesado en capturar a esencia da experiencia, en lugar da súa manifestación objetual.

 
 
A pesar de que se lle pode considerar un escultor e pintor no sentido extricto da palabra (pola materialización das súas ideas, en obxectos artisticos), a súa construción de artefactos máis ou menos físicos, pertencen a unha estraña fronteira que esta entre o Land-Art, Body-Art, Pintura matérica, pintura abstracta e escultura conceptual.
 

 

O uso da natureza como soporte e fin para a realización da súa obra, conéctao co movemento de artistas dos 70 que traballaban co Land-Art en Brasil.



Cos materiais efémeros e orgánicos, o artista parece estar a desafiar a noción de permanencia, á vez que celebra a beleza, a fraxilidade da natureza e polo tanto da existencia propia do individuo.


Este enfoque tamén pode ser interpretado como unha reflexión sobre a relación entre a humanidade e a contorna natural, e como nosas accións afectan o mundo que nos rodea.


A exploración coa enerxía da terra, o paso do tempo e a memoria, o seu traballo suxire unha preocupación pola temporalidade e a continuidade. Así o artista parece estar a cuestionar a natureza mesma da existencia, a forma en que percibimos e lembramos o efémero do mundo que nos rodea.

 

Casás non convida a reflexionar sobre a fugacidade da vida, a beleza do transitorio e a importancia de estar en harmonía coa contorna natural. 


O seu traballo é e foi un acicate para a arte galega, pois foi un dos primeiros artistas que traballo na nosa terra coa natureza como instrumento activo e non como elemento pasivo de contemplación.

A súa obra, definitivamente, axúdanos a cuestionar a nosa relación co mundo que habitamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!