venres, 23 de febreiro de 2024

26-2-2024. Homenaxe a Álvaro Cunqueiro no seu cabodano [OUTRAS NOVAS] [ATENEO ATLÁNTICO]

Luns, 26 Febreiro de 19:30 – 21:00
 

Co gallo do cabodano de Álvaro Cunqueiro, o Ateneo Atlántico organiza esta actividade para lembrar a esta figura imprescindible das letras galegas. Xesús Alonso Montero falará sobre “O latín, como ‘divinas palabras‘, na obra de Cunqueiro”. O acto será presentado por Xina Vega e Su Garrido Pombo interpretará unha canción baseada nun poema de Cunqueiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!