xoves, 8 de febreiro de 2024

Anna Atkins: Cyanotypes. Famosa primeira edición [BIBLIOGRAFÍA]

                          Anna Atkins : cyanotypes





 

Estes días levamos a un dos expositores da sala de lectura unha excelente edición de Taschen da obra de Anna Atkins.

Anna Atkins : cyanotypes / Peter Walther (ed.) ; directed and produced by Benedikt Taschen.-- Köln : Taschen, cop. 2023

Anna Atkins (1799-1871) foi fotógrafa, botánica, e a primeira persoa que conseguiu publicar un libro ilustrado exclusivamente con imaxes fotográficas. A obra de Anna Atkins empezou a publicarse en 1843 baixo o título de British Algae: Cyanotype Impressions (Algas británicas: impresións cianotipos). O traballo levouse a cabo nunha serie de fascículos que ían saíndo á luz periodicamente. Desta maneira, ao longo dez anos Atkins foi proporcionando as súas fotogramas ata un total de 389. En 1853 saíu á luz un álbum titulado Cyanotypes of British and Foreign Ferns (Cianotipos de fentos británicos e estranxeiros); posteriormente, en 1854 publicábase unha ampliación baixo o nome Cyanotypes of British and Foreign Flowering Plants and Ferns (Cianotipos de plantas con flores e fentos británicos e estranxeiros). 

A cianotipia é un proceso fotográfico que consiste en imprimir negativos en monocromo. En concreto, obtense unha copia negativa daquilo retratado nunha cor azul de Prusia (tamén coñecido como "cianotipo" ou blueprint en inglés). Esta técnica foi ideada en 1842 polo matemático e químico John Herschel. Con todo, foi Atkins, a que o puxo inmediatamente en práctica.

A editorial Taschen reuniu neste volume os seus dous traballos máis importantes: Algas británicas: impresións cianotipos (1843) e Cianotipos de fentos británicos e estranxeiros (1853). Esta obra recompila máis de 550 impresións de cianotipos acompañadas por unha serie de ensaios introdutorios, escritos por Peter Walther, encargado de situar a obra de Atkins no seu contexto histórico e artístico. A publicación está escrita en inglés, francés e alemán, e rende tributo á produción artística e científica dunha muller pioneira, que se atreveu a crear nunha era na que a investigación estaba completamente relegada aos homes.
 
Este é o exemplar número 6142 dunha primeira tirada de sete mil cincocentos exemplares. En breve estará a dispor dos nosos usuarios para a súa consulta. 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!