xoves, 21 de marzo de 2024

21-3-2023. Presentación do traballo de investigación "Cantando la Nacion. Pascual Veiga, Eduardo Pondal y el Himno de Galicia", por Javier Campos Calvo-Sotelo [CAIM ZANFONA]

 

Cando o músico Pascual Veiga solicitou ao poeta Eduardo Pondal unha letra para a categoría "Marcha regional gallega" do certame musical que tería lugar aquel verán de 1890 no Teatro Principal da Coruña, non podía sospeitar a repercusión histórica que a obra acadaría co tempo. bese que o poema musicado por Veiga chegou a ensaiarse para o certame, pero non foi estreado, senón que iniciou un longo e escuro desterro, do cal, a día de hoxe, aínda non hai resposta para algúns dos enigmas que o rodean.

Este volume aborda a historia do himno de Galicia (Os Pinos), os seus dous autores (Veiga e Pondal), e o notable cúmulo de contextos e circunstancias que os acompañaron.

Javier Campos Calvo-Sotelo é Licenciado en Xeografía e Historia. Posúe o Grao Profesional de Música e é doutor en Historia e Ciencias da Música. Foi investigador asociado da Universidade Nova de Lisboa e da Universidade Complutense de Madrid. Colabora en grupos e proxectos científicos específicos, e profesor de Historia da Música na Universidade de Kent en Torrelodones (Madrid). Os resultados do seu labor investigador foron divulgados en diversos congresos, conferencias e publicacións. Na actualidade é membro do Consello editorial da revista "Popular Music and Society".

Presentado por Xaime Rivas (mestre de CAIM Zanfona da EMAO)
Data: xoves 21 de marzo de 2024
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!