xoves, 29 de xullo de 2021

Doazón da Biblioteca Especializada de Darío A. Basso á Biblioteca García Barbón-EMAO [BIBLIOTECA]

Recentemente recibímos a doazón da biblioteca particular do pintor e mestre de pintura desta Escola, Darío Álvarez Basso. 

Esta biblioteca está formada por numerosos volumes que abarcan dunha forma u outra toda a historia da Arte, desde a Arte Prehistórica ata Arte Contemporánea, inclúe monografías sobre arquitectura e deseño, fotografía, gravado, estética, historia da arte, biografías e catálogos individuales de artistas, catálogos de exposiciones colectivas desde 1980 a 2020. Ademáis de 30 volumes de gran formato que corresponden á edición facsimil de “La Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada” un proxecto realizado co obxectivo de publicar os resultados da investigación coordinada por José Celestino Mutis a finais do século XVIII.



A Biblioteca Pública García Barbón-EMAO ten gran interese en fomentar o enriquecemento do seus fondos (histórico e moderno) a través de doazóns, a condición de que ditas doazóns axústense aos principios contemplados na súa política de xestión das coleccións. As donacións son unha práctica habitual á hora de completar fondos bibliográficos pero tomando en consideración ou tempo que implican os procesos de catalogación, clasificación e preparación física das obras doadas, así como o espazo que ocuparán, é necesario que as doazóns sexan tratadas coas mesmas políticas de selección e adquisición que se aplican ás compras. 
Sempre hai que ter en conta unha serie de criterios: estado de conservación, duplicidade, vixencia de contidos e soportes, a súa relación co fondo existente, etc. Outro criterio non menos importante a ter en conta é o problema de Espazo

Unha vez resolto o imprescindible proceso técnico é o noso desexo que esta biblioteca estea ao dispor dos nosos/as usuarios/as en breve.

A Biblioteca agradece a Darío a doazón deste material bibliográfico e a confianza depositada en nós para a súa custodia e difusión.

“Sempre imaxinei o paraíso como unha especie de biblioteca” dicía Borges.

As razóns para formar unha biblioteca particular  poden ser variadas,  hai quen colecciona só libros sobre unha temática concreta, libros publicados nunha época determinada, obras realizadas por un só autor, ou quen só ten na súa biblioteca primeiras edicións. Desde que nos convertemos en ávidos lectores, as bibliotecas persoais son un elemento indispensable na nosa vida. 
A continuación Darío A. Basso  reflexiona sobre as súas motivacións para formala primeiro e doala despois:

Moitos artistas afirmaron que pintan para sacar á luz imaxes que non viron.
O continuo suceder de pinturas no traballo dun artista, é un coleccionar desas imaxes que non estaban antes connosco e que por necesidade teñen que ser feitas realidade.
A biblioteca dun pintor é outra viaxe pola historia da arte, un compendio de volumes que van marcando os procesos de crecemento e coñecemento a través do estudo de exposicións, museos e coleccións.
Un intento de conxelar os momentos de aprendizaxe, de aglutinar as experiencias do traballo doutros artistas para así atopar derivas ou camiños que nos axuden como bitácora no noso traballo.
Desde 1985 o longo da miña carreira como artista, estiven recompilando catálogos de exposicións significativas e libros de teoría de arte.
Hai un capitulo importante que esta relacionado coa botanica, grazas á colección facsímile de: "A Real Expedición Botánica do l Novo Reino de Granada", de Celestino Mutis, xunto con considerable volumenes sobre a mesma materia, que sirvio como estudo durante unha epoca importante do meu traballo que denomino Equinoctial no que o meu traballo #enfocar na representación da natureza desde un punto de vista fenomenoligico.
Doados á Biblioteca da escola de Artes e Oficios de Vigo, servirá agora para transmitir a quen este interesado esa viaxe pola arte contemporánea dos últimos 40 anos.

Dario Alvarez Basso
Mestre de pintura Escola de Artes e Oficios Vigo
Vigo, 29/7/2021.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!