martes, 18 de maio de 2021

EL PRADO “A LA VUELTA DE LA ESQUINA” 18 DE MAIO DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS [OUTRAS NOVAS]

EL PRADO O VIRAR A ESQUINA 


A la vuelta de la esquina (foto: Museo del Prado)
A LA VUELTA DE LA ESQUINA (FOTO DEL MUSEO DEL PRADO)

Hoxe con motivo do día internacional dos museos o Museo do Prado lanza unha iniciativa  “a la vuelta de la esquina” para activar a presenza da  pinacoteca fóra das súas históricas paredes. Calquera que pase polas rúas de Madrid dende hoxe e durante tres semanas poderá gozar e sorprenderse cunha vintena de cadros da colección, que romperán a cotiandade dos transeúntes facéndolles partícipes dalgunhas obras de arte da colección dunha das  pinacotecas máis importantes do mundo.


As reproducións das obras seleccionadas respetan o tamaño orixinal e expóñense xunto a unha  cartela cun código  QR no que enlazar coa web do museo para obter toda a información sobre a obra. Sen dúbida unha gran iniciativa, popularizar a arte clásica e establecer ese diálogo cos cidadáns fora do contexto da institución; seguro que fará  moitos se sorprendan e achegará a cultura a un público alleo ás visitas a estes espazos tan cerimoniais e  asépticos que moitas veces son os museos. Unha estupenda iniciativa ao virar a esquina.

* O museo habilitou unha ligazón para que o público poida compartir imaxes da interacción das obras cos transeúntes, #Vuelvealprado


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!