O "Venres da Emao" é unha programación semanal que ten por obxecto a difusión cultural vencellada ás especialidades que se imparten na escola, neste caso vencellado ás especialidades de Serigrafía e Debuxo.
O venres estivo na escola Raúl Bermúdez, capitán de Chachachá estudo. Un estudo de deseño que leva máis de 16 anos travallando en Vigo e posicionándose como referente en Galiza tanto en ilustracións como en motion graphics colaborando con grandes empresas e organizacións ( Greenpeace, Neox con The big Bang Theory ou a serie Vis a Vis, Xacobeo, Xunta de Galicia, Cidade da Cultura etc).Este estudo de deseño foi o creador da revista cultural DOT, do MERCADOT que foi un evento de tres días realizado nun edificio abandoado e acondicionado para a ocasión onde se amosaban os traballos de ceradores galegos e diversas actividades como presentacións, talleres e concertos e este estudo editou dous libros que recollen os traballos de máis de 50 ilustradores actuais e van camiño de editar o terceiro.
Agora Raúl engade ás súas andanzas a creación da Galería Maraca na rúa Doutor Cadaval 12. Desto e de moito máis falounos Raúl na súa presentación deixando entrever o agarimo que lle ten a escola debido a que foi alumno e na súa galería tamén hai traballos de alumnado da EMAO.
https://www.instagram.com/galeriamaraca/?hl=es
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!