venres, 4 de febreiro de 2022

Os pioneiros da banda deseñada galega 1971-1979 [DEBUXO]

O pasado domingo 30 de xaneiro celebrouse en Galicia o día da Ilustración. Na anterior entrada fixen referencia ao autor homenaxeado, Reimundo Patiño, e a importancia dos seus primeiros proxectos como pioneiros da BD realizada en galego. 

Conto cun destes libros na súa primeira edición, 2 viaxes, que mequei hai polo menos 20 anos na feira do libro usado de Santiago. Tanto Patiño como Xaquín Marín parecerónme, desde sempre, duas referencias inspiradoras dando continuidade a esa gráfica expresionista galega inicial, tan influída polo cómic underground americano de Shelton e a ficción científica francobelga de Moebius.

OS PIONEIROS DA BANDA DESEÑADA GALEGA 1971-1979

AUTOR: XULIO CARBALLO

EDITORA: XERAIS



Pero Marín e Patiño non son os únicos pioneiros desta BD. Existen moitos outros autores que comenzaron e abriron camiño, pero que eran descoñecidos para min, como Oitabén, Navarro, Xosé Díaz, Rosendo Díaz, Chichi Campos, Saavedra Pita, moi influído pola escola Bruguera, e outros tantos máis. Este libro é un estudo serio que descobre  a eses primeiros autores e proxectos galegos.


Verbas. Xosé Díaz. 1973

A viaxe que propón o autor deste libro, Xulio Carballo, comenza cunha introducción que revisa os antecedentes da BD galega, ata chegar a 1971, ano no que Xaquín Marín publica na revista Chan a primeira historieta galega, O emigrante.

O emigrante. Xaquín Marín. 1971

Posteriormente no ano 1975 xunto con Reimundo Patiño publicará o considerado primeiro album de BD galego "2 Viaxes". Nestes primeiros anos 70 asúmese a BD como unha prolongación das artes plásticas á que chegan os artistas de xeito experimental, como é o caso de Patiño.

Historia dunha represión. Rosendo Díaz

Destacar tamén o caráter de grupo de moitas publicacións que naceron nesta época, de colectivos ben definidos como o grupo "Cómic do Castro", todos eles cunhas inquedanzas parecidas tanto na parte estética como no compromiso político todo fabricado dun xeito bastante voluntarista. Ademáis de inventariar a presenza do cómic na prensa escrita, Xulio Carballo suliña as revistas e fanzines nacidos nesta década,  tamén as exposicións realizadas sobre BD, plantexando un percorrido moi amplo con numerosos exemplos e documentos.

Se queremos coñecer a historia da novena arte realizada en galego deste periodo tan importante, recomendo este libro que temos na nosa biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!