venres, 11 de febreiro de 2022

Selección de debuxos. Perfeccionamento I.[DEBUXO]

Esta é unha selección de debuxos do grupo de Perfeccionamento I. Son debuxos de libreta, realizados do natural cun primeiro bosquexo da forma co lápis, para logo rotular con estilógrafos e lograr tamén os valores de grises. Este tipo de exercicios de debuxo da contorna son fundamentais para coller soltura e habilidade co útil, pero tamén para ser quen de atopar problemas que se repiten constantemente e memorizalos para que o ollo e o cerebro caminen nunha misma dirección:  interpretar aproximado a obxetividade. Pero tamén son fragmentos da nosa realidade que superan o obxetivo do propio exercicio.


Carmen. Debuxo dos seus pes.


Os debuxos na libreta de apuntes son posiblemente  un dos traballos máis importantes do noso obradoiro. É como levar un diario no que falas da túa vida en forma de imaxes. Teñen o encanto de que cada debuxo é un anaco da vida do debuxante. Os seus pes, a perspectiva do salón da casa, un pequeno obxeto cotián, o teu primeiro autoretrato...etc.

Olga.Perspectiva do salón.



Recordo a libreta de Víctor, un alumno de Debuxo que rematou proxecto hai varios anos. En cada un dos debuxos da súa libreta introducía un texto, dándolle a imaxen un valor engadido, literario, poético. Esa mistura na imaxen  ca grafía do texto, que semellaba un debuxo a liña fluíndo polo papel, xa que a letra convertíase tamén en debuxo, conferíalle ao conxunto un sentido novo, unha narración de imaxen e texto inseparable. Esto sabíao ben Willian Blaque cando creou os poemas manuscritos iluminados como "O libro de Thel", recomendo que o vexades.



Jose. Camisa e debuxo de pes.


Pero Blake era moito Blake. Nós conformámonos con coller a realidade e interpretala sen ser extremadamente subxetivos. Con aplicar a tecnica do tramado co estilógrafo e sacarlle o máximo partido. Con estimular o ollo de xeito que vexamos un pouco màis alá ...pero que a man sexa quen de facer ese mesmo percorrido. 


Maikel. Debuxo dos pes.


Javier. Perspectiva do salón.


Calquera motivo cotián é un bo motivo para debuxar. Todas son propostas de traballo que fago a modo de exercicio, cunhas pautas a seguir no que se refire a execución co estilógrafo ou a posición do modelo. Estes son algúns dos resultados.


Olga. Almofada e camisa.

Javier. Estudo de camisa.


Manuela. Estudo dos pes




Bea. Estudo de camisa


Manuela. Estudo de camisa


Creo que dentro  duns cantos anos, vinte, trinta, cuarenta... todo este alumnado que pasou  polo obradoiro de debuxo, ou os seu fillos, ou as súas netas, desempolven estas libretas agochadas nunha librería da casa ou nunha caixa de zapatos perdida nun rocho, atoparán verdadeiros tesouros nestas libretas, porque falarán en forma de imaxen debuxada do noso presente que xa non está, pero que será o noso. Só agardo que todas estas persoas futuras teñan  a sensibilidade suficiente para darlle as libretas e a estes debuxos o valor que merecen.  Parabéns polos vosos traballos.



Bea. Estudo dos pes


Olga. Estudo dos pes



3 comentarios:

¡Anímate a participar cos teus comentarios!