Setembro é un mes de reactivación. Despois dun descanso volvemos con moita enerxía ao traballo, os nenos volven ao colexio, as fábricas volven poñerse en marcha, e na EMAO arrincamos a ilusión dun novo curso. O alumnado completa os trámites da preinscrición, fan as probas de acceso, matricúlanse e comezan as clases. Son moitos os que chegan a Artesanía en Coiro crendo que a nosa especialidade só se aprende a facer complementos como bolsos, carteiras, cintos, chaveiros… pero xa o primeiro día descobren que o coiro é algo máis, que o coiro é moito máis que iso… xorde entón a inquedanza que nos leva a descubrir a infinidade de posibilidades que presenta este material. Unha sensación que non desaparece cos anos é esa faísca que se acende en setembro, e que acende o que podemos chamar paixón polo coiro.
Queremos seguir ensinando o que se fai nos obradoiros, achegando o traballo artesanal ao noso alumnado. Pero tamén dar a coñecer o que fan os nosos alumnos e alumnas e amosar o que poden chegar a facer as persoas que remataron a especialidade e que, dunha maneira ou outra, seguen vinculados ao coiro. Sempre pasan cousas bonitas en setembro.
A exposición está dividida en catro partes:
- Do taller á escola: pedimos aos máis importantes artesáns e artesás do coiro do Estado español que nos envíen unha peza que para eles represente o que é o traballo do coiro. Nós non intervimos na selección; son eles os que decidiron cal das súas pezas transmite esta idea. Tanto a nivel técnico como a nivel artístico foi unha sorpresa abrir cada unha das caixas que conteñen eses anacos de vida de cada un destes autores. Falamos de autores por non falar de amigos e amigas, xa que moitas destas persoas nos acompañaron durante estes nove anos de exposicións de coiro na Escola, facendo a viaxe á inversa, saíndo do seu taller para vir á escola.
- Cruzando o charco: desde hai sete anos a empresa norteamericana Tandy Leather colabora nas nosas exposicións compartindo o traballo de artesáns internacionais de renome como as que pertencen á súa colección en Fort Worth (Texas, EE.UU). Nesta ocasión cedéronnos pezas da pequena colección que teñen na súa tenda de Jerez de la Frontera, pezas que realizaron Tony Laier, Charlie Davenport e Jim Linnell durante a súa estancia na tenda: pequenas pezas que representan tamén o traballo do coiro desde outro punto do planeta, alén do charco.
- No peto: collemos a testemuña da anterior exposición, “Curtidas”, e dámoslle unha pequena volta de porca ao “EmparrAO”. Esta vez non demos un patrón, só pedimos que nos fagan chegar un moedeiro. Continuamos así traballando coa mesma idea de que o noso visitante, vendo esta instalación, poida comprobar as diferentes maneiras de traballar, de construír e de decorar unha peza; é dicir: facer de algo moi sinxelo algo que sirva para ilustrar a versatilidade do coiro.
- A costa de xaneiro: cando algún dos nosos alumnos remata a especialidade e abandona a escola atópase nunha situación que ás veces é complexa e pode chegar a ser dura; atópase ante unha costa empinada: a de atopar o seu sitio dentro do mundo do coiro. Para algúns deles a costa vólvese máis empinada ao decidiren dedicarse profesionalmente ao coiro. Como as nosas exposicións se realizan sempre durante o primeiro trimestre do ano, queremos renderlle tamén unha homenaxe con este xesto, apertar o cinto para poder seguir adiante. Propoñémoslle a algunhas das persoas egresadas que realicen un cinto como peza que ilustre as técnicas aprendidas. O resultado sen dúbida deixaravos sen palabras.
Queremos que Setembro sexa desde hoxe algo máis que un mes e algo máis que unha exposición. Queremos que acenda a faísca ao noso visitante e que o coiro sexa, a partir de agora, algo máis que carteiras, bolsos e cintos e pase a ser algo que che deixei un sorriso na cara.

Datas: 25 de febreiro ao 1 de abril de 2022
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposcións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisario: Pepe Pereira, mestre de Artesanía en Coiro da EMAO
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios
Cartaz: Marian Núñez
Bienais do Coiro na EMAO:
- 100x100 coiro. Febreiro de 2013
- Coiro, aínda que nono pareza. Febreiro de 2015
- #handmadenothomemade (coiro: cor e volume). Febreiro 2017
- Curtidas. Xaneiro 2019
Ver artigos de Artesanía en Coiro no noso Blog EMAO en liña
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!