ANTÓN PATIÑO (Monforte de Lemos, 1957):
Ensaísta, poeta, pintor e activista cultural, renovador da arte español na década os 80, membro fundador do grupo Atlántica (1980), que participou nas máis significativas mostras panorámicas da arte española contemporánea.
Actualmente é presidente da VEGAP (Visual Entidade de Xestión de Artistas Plásticos) e vicepresidente do Círculo de Bellas Artes (do cal foi renovador e impulsor para convertelo en casa-bastión dos creadores en Madrid).
Seguindo o ronsel de grandes pintores-escritores, como Antonio Saura ou Antoni Tapies, poderiamos definilo como un ¨filósofo que pinta¨.
Como presentación previa ao coloquio con Antón Patiño este Venres 4 de febreiro dentro do ciclo VENRES DÁ EMAO.
Aproveitando a recentemente publicación do catálogo da súa última retrospectiva no CGAC de Santiago de Compostela.
Refresco algúns apuntamentos sobre o seu traballo.
Anos 70:
Comeza o seu labor creativo como pintor e axitador ¨contra-cultural ¨ no Vigo dos 70, cidade que neses momentos vivía unha apertura político-social, mentres nas nosas rúas lidábase coa loita obreira do sector naval.
Patiño como animal creativo-político, participou activamente neste escenario, aglutinando e promovendo bastións de colectivos contra-culturais… non era difícil atopalo no farol da rúa de Príncipe repartindo ¨As ladillas do travesti¨, un dos moitos fanzines (publicacións de escasa tirada e distribución, feita con poucos medios, xeralmente en fotocopias) que creaba xunto cos seus compañeiros activistas, coma se tratasese de panfletos creativo-subversivas.
Anos 80:
Desenvolve unha ¨figuración expresionista ¨ (Donal Kuspit), enlazando coas correntes artísticas internacionais na recuperación da pintura como medio de expresión.
O seu traballo conecta co neo-expresionismo (xermano-europeo), pero construíndo un espazo simbólico provinte do pasado mítico Galaico.
A finais dos anos oitenta realiza unha sólida serie titulada ¨Mareas negras¨, na que sinala os desastres ambientais que arrasan a costa galega, converténdose nunha premonición da catástrofe do Prestige.
Anos 90:
Nos comezos dos 90, reduce a súa paleta utilizando fondos con grandes cantidades de branco de zinc, sobre os que empeza a desenvolver unha codificación da súa linguaxe… un alfabeto de signos.
“Emblemas primordiais” ou “signos-raíz”.
Antón Patiño.
Desenvolve un arquivo de símbolos que se distribúen libremente polo espazo pictórico.
A súa pintura traballa con dous niveis:
1. O xeroglífico ou pictograma, onde a imaxe remite a un significado fixo.
2. O xesto pictórico puro, a libre fenomenología da materialidade pictórica e xestual.
¨Xesto e signo¨.
Guillermo Solana.
Anos 00:
O traballo que desenvolve poderíase definir co título do seu última exposición retrospectiva no CGAC de Santiago de Compostela "Caosmos¨, palabra composta polas palabras:
Caos: o disperso e o separado.
Cosmos: o organizado, o que está ben unido.
¨É un termo que creou o escritor irlandés James Joyce, na que mestura conceptos que xeran tensión ou unha enerxía case contraditoria¨. Alberto Ruiz de Samaniego.
A serie ¨Inventario de escumas¨ esta composta por centos de lenzos a modo de xanelas abertas ao mar, candasúa, coa súa salpicadura ao chou, é un canto á paisaxe atlántica.
¨É mitoloxía tecida ao redor da presenza á vez fascinante e ameazadora do océano¨.
Guillermo Solana.
Texto Presentación da a exposición CAOSMOS no CGAC de Santiago de Compostela:
Caosmos é unha aproximación á traxectoria do artista galego Antón Patiño (Monforte de Lemos, Lugo, 1957), centrada nunha escolma de pezas que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas, desde a súa participación na fundación de Atlántica (referencia central para a arte galega nas últimas décadas) até a actualidade, pero tamén no ámbito da literatura e o pensamento, como autor de diversos libros de ensaio artístico e teoría da imaxe.
A súa é unha figura poliédrica mesmo se nos cinguimos á faceta de activista cultural. Profundo investigador das referencias culturais da Galicia moderna (desde Reimundo Patiño a Urbano Lugrís, Carlos Oroza ou Luís Seoane), mantén estreitos vínculos con poetas e escritores, e despregou unha intensa actividade como valedor e difusor da nosa cultura e literatura fóra de Galicia. O obxectivo da exposición é visibilizar todas estas conexións e pór de relevo as múltiples caras dunha personalidade rica e complexa.
O título, Caosmos, é ademais un concepto clave co que o artista vén traballando desde hai anos, un paradigma que define a sofisticación da hipermodernidade. As lendarias nocións antagónicas da cultura clásica, caos e cosmos, establecen unha fusión dialéctica nunha expresiva aleación conceptual, caosmos, seguindo a intuición do neoloxismo de Joyce.
As polaridades antagónicas como fontes de enerxía creativa estruturan un campo magnético de intuicións poético-artísticas. A presente mostra vai á procura deses espazos de conflito que definen a condición humana. Tensións entre natureza e cultura, pensamento e materia. A cor, o trazo, as representacións iconográficas establecen un espazo de fusión e de hibridacións.
Nunha sala de tránsito que comunica os dous niveis da exposición, atópase o arquivo con publicacións, cartas e apuntamentos do artista. Esta sección documental, que se completa coa proxección de ergografías e cun mapa conceptual, configúrase como unha sorte de labirinto ou arañeira que describe os cumios de intensidade do Caosmos.
Outra das paradas significativas da mostra é a estancia denominada Inventario de escumas, con centos de xanelas abertas ao mar, cada unha delas coa súa salpicadura ao chou. Unha peza amniótica onde as texturas sonoras do mar están presentes a través dun monitor que nos permite contemplar as obras na paisaxe dos areais atlánticos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!