luns, 12 de maio de 2025

16-5-2025. Venres da EMAO presenta a proxección do documental "A gaita galega I" [CAIM GAITA]


Composto por tres partes, este documental foi emitido no seu momento por TVG dentro do formato NAQUELES TEMPOS.

Esta primeira parte abrangue dende as orixes do instrumento ata o inicio da Guerra Civil Española. Os anos escuros do medievo, o rexurdimento, a simboloxía do gaiteiro, a relixiosidade, a festa, etc., son algúns dos argumentos dun documental no que se fala de figuras como O Ventosela, Perfecto Feijoo, Santalices ou Avelino Cachafeiro, entre outros.


Presentado por Carlos Corral (mestre de CAIM Gaita da EMAO)
Data: 16 de maio de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!