![]() |
Castelao 1886-1950 |
A Xunta de Galicia declarou 2025 como Ano Castelao en homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, de cuxa morte se cumpriron 75 anos este pasado mes de xaneiro. O obxectivo do Ano Castelao 2025 é conmemorar a memoria e o legado de quen é considerado un dos fundadores da Galicia contemporánea, a súa cultura e o seu marco político.
Novelista, dramaturgo, ensaísta, etnógrafo, caricaturista, pintor, teórico da arte e político. Castelao é considerado o gran intelectual galego e un dos principais narradores nesta lingua. Cofundador das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista foi deputado nas Cortes da Segunda República e tras a Guerra Civil Española (1936-1939) formou parte do goberno republicano no exilio. Ocupando estas responsabilidades defendeu un proxecto do estatuto de autonomía para Galicia, baixo unha proposta federal e plurinacional de España.
No mes de decembro de 2011, a súa obra foi declarada Ben de Interese Cultural de carácter inmaterial por parte da Xunta de Galicia. E no 2016, a Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas, que, desde 2015, conságrase a unha personalidade relevante da cultura galega.
Popularmente coñecido como caricaturista, Castelao cun estilo sinxelo e sintético é capaz de recrear a realidade galega, onde destaca ese ton satírico e irónico tinguido de certo pesimismo. Mesturaba para iso texto e debuxo, adiantándose ao humor gráfico moderno. Castelao buscaba mostrar a realidade do seu país castigada pola emigración, a corrupción e o caciquismo.
A EMAO súmase a esta celebración coa próxima exposición sobre Castelao que se inaugurá no vindeiro mes de xuño. Aproveitamos a ocasión e levamos as vitrinas do corredor unha selección bibliográfica dos títulos que tedes na Biblioteca relacionados coa vida e a obra desta gran figura intelectual, política e histórica do nacionalismo galego.
As cruces de pedra na Bretaña / Alfonso R. Castelao.-- Santiago de Compostela : Xunta de Galicia ; Vigo : Galaxia, D.L. 1992.-- 90 p. : il. ; 26 cm + 1 VHS (AR 490, R. 3669)
As cruces de pedra na Galiza / Alfonso R. Castelao ; [information-summary redaitouna Eduardo Blanco-Amor ; tradúxoa G. Hennessy].-- Santiago de Compostela : Xunta de Galicia ; Vigo : Galaxia, D.L. 1984.-- 282 p. : il. ; 38 cm + 1 VHS (AR 489, R. 3668)
Castelao e o teatro : escenografías / [textos, Xosé Carlos Valle Pérez].-- [Pontevedra] : Museo de Pontevedra ; A Coruña : Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2000.-- 39 p. : il. cor ; 24 cm. (AR 337, R. 1807)
Castelao, 1886 - 1950: [exposición] / [proyecto y selección de textos y autores, José Durán ; traducción Gustavo Luca de Tena].-- [Madrid] : Ministerio de Cultura, Dirección General de Bellas Artes y Archivos, 2010.-- 245, 15 p. : il. ; 27 cm (DEB 47, R. 1152)
Castelao, grafista : pinturas, dibujos, estampas : [exposición], Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, 29 septiembre-26 de noviembre de 2017 / [dirección y coordinación, Miguel Fernández-Cid ; textos, Valeriano Bozal... [et al.].-- [Madrid] : Real Academia de Bellas Artes de San Fernando : Fundación Mapfre ; Santiago de Compostela : Fundación Gonzálo Torrente Ballester, D.L. 2017.-- 300 p. : il. ; 21 x 31 cm (PIN 528, R. 3412)
Diáspora : 10 artistas galegos no exilio latinoamericano, 1930-1970 = 10 artistas gallegos en el exilio latinoamericano, 1930-1970 : Marco, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, 20 maio - 11 setembro de 2005, Fundación Luis Seoane, A Coruña, 28 setembro 2005 - 8 xaneiro 2006 / Ángel Botello ... et al. ; [textos, Xerardo Álvarez Gallego ... et al.].-- Vigo : MARCO : Fundación Luis Seoane, D.L. 2005.-- 221 p. : il. ; 30 cm (AR/302, R. 1611)
Do idilio á diáspora : modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane / Carlos L. Bernárdez.-- 1ª ed.-- Baiona (Pontevedra) : NigraTrea, 2011.-- 182 p. : il. cor e n. ; 25 cm.-- (Libros da brétema (NigraTrea) ; 21) (PIN 297, R. 2068)
La ilustración en la revista Nós / María Victoria Carballo-Calero ; [prólogo de Antonio Bonet Correa].-- Ourense : Deputación Provincial de Ourense, D.L. 2020. (DEB/235, R. 3298)
Monografía sobre Castelao artista / María Victoria Carballo-Calero Ramos, Valeriano Bozal Fernández, Diana Vilas Meis.-- A Coruña : Deputación Provincial da Coruña / Real Academia Galega de Belas Artes, 2017.-- 72 p. : il. ; 24 cm (DEB/258. R. 3681)
Vida Gallega : ilustración regional / director gerente Jaime Solá.-- Vigo : [s.n.], 1909-1963.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!