Continuando co tema do Ano Castelao, mañá, 23 de maio estréase o filme sobre Castelao, "Antes de nós", dirixida pola cineasta Ángeles Huerta. O guion é obra de Pepe Coira e conta parte da vida de Castelao.
A relación entre o político, médico, escritor e debuxante e a súa esposa Virxinia Pereira é o motor de "Antes de Nós", a directora mostra "o lado máis humano e vulnerable" dunha parella que, tras a perda do seu único fillo, decidiu investir "todo o amor que lles sobraba" na construción da Galicia de hoxe. "Non me interesa un Castelao épico ou mártir. Interésame máis o Castelao fráxil e vulnerable, porque é nese estar onde se toman as decisións que realmente nos conforman como seres humanos" É unha historia sobre Castelao antes de ser Castelao",
Protagonizada por Xoán Fórneas no papel de Castelao e con Cris Iglesias como Virxinia Pereira, é unha longametraxe que nos deixa ver varios momentos de crecemento de Castelao, como artista e tamén como persoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!