![]() |
Escolma dos proxectos presentados para o Curso Avanzado 2024-25 |
A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo vén de facer pública a Convocatoria de acceso ao Nivel Avanzado para o curso 2025-26.
Aquí podes descargar a convocatoria completa
Terá dereito o alumno/a que remate coa cualificación de apto/a o Nivel Superior ou Perfeccionamento II da especialidade na que estea matriculado/a, e cumpra coas condicións que se recollen nas Bases. Coa vindeira Convocatoria xeral do curso 2025-26 incluirase a posibilidade de presentación de proxectos para o nivel Avanzado de persoas interesadas externas á EMAO que cumpran os requisitos que nesa convocatoria se inclúan.
O Nivel Avanzado consiste no desenvolvemento dun Proxecto de Fin de Estudos previamente presentado e seleccionado conforme ás normas e aos criterios que se explicitan nestas Bases. Este nivel ten carácter presencial, en sesións semanais de dúas horas/catro horas de duración durante o curso académico. A asistencia será obrigatoria para os /as seleccionados/as, cun máximo de faltas de asistencia xustificadas do 25% do total do crédito horario.
Ao remate do curso académico, unha vez avaliado e cualificado como Apto/Non apto o proxecto desenvolvido, conforme ao Plan de Estudos da EMAO 2015 (PEMAO2015), certificaranse 70/100 horas correspondentes á superación do nivel AVANZADO.
- Investigación
- Produción
- Creación
- Ampliación de coñecementos.
O/a alumno/a admitido/a deberá asistir, no horario establecido para o nivel Avanzado en cada especialidade, aos talleres da EMAO, para poder ser asesorado/a e dirixido/a no desenvolvemento do proxecto, en modalidade de titoría, polo/a docente da especialidade. Isto sen prexuízo de que para o correcto desenvolvemento do proxecto, este necesite realizarse a maiores fóra das instalacións da Escola.
A selección do proxecto de fin de estudos implica a matrícula na EMAO no nivel AVANZADO da súa especialidade.
A EMAO publicará, no Taboleiro e na web, o listado do alumnado seleccionado para o Nivel Avanzado, facendo constar as iniciais do nome e apelidos do/ alumno/a, especialidade e denominación do proxecto.
- Do 5 de maio ao 13 de xuño de 2025, presentación de proxectos por parte do alumnado.
- Do 16 ao 20 de xuño de 2025, informe dos proxectos por parte do profesorado e presentación da ficha docente normalizada de cada proxecto seleccionado á Comisión citada.
- Do 23 ao 27 de xuño de 2025: estudo e selección de proxectos pola Comisión de valoración.
- 1 de xullo de 2025: exposición pública (taboleiro e internet) do listado de alumnado e proxectos seleccionados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!