Proxectos 2020
Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2019-21
Despois
do inevitable parón que supuxo a crise COVID-19, a Escola Municipal de
Artes e Oficios abríu de novo a súa actividade expositiva no Espazo EMAO
o pasado 23 de abril coa exposición “Proxectos 2019”. Unha vez
finalizada esta, abre unha nova mostra, que baixo o título “Proxectos
2020”, recolle as obras resultantes dos proxectos de fin de estudos do
alumnado das distintas especialidades no curso 2019-21. Esta nova
exposición, dada a cantidade de obras participantes, realizarase en dúas
partes:
A primeira, inaugúrase o vindeiro día 25 de xuño e estará aberta ata o 10 de setembro (pecha en agosto).
A segunda parte abrirase entre os días 12 outubro a 12 novembro de 2021.
A orixe dos proxectos:
O
novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
(EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implantou o nivel educativo
Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel
que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está
destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa
redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado
polo/a mestre/a. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á
produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.
A exposición
que agora presentamos recolle o producto final dos proxectos
individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2019-21; en
concreto, das especialidades de:
Cerámica artística
Talla e escultura en madeira
Pintura
Debuxo artístico
Construcción de instrumentos-Gaita
Artesanía en coiro
Moda e confección
Serigrafía artística
As
obras que se exhiben son a plasmación material dun ano de actividade de
investigación, formación, conceptualización e fabricación, baixo as
premisas derivadas dos eixes principais sobre os que pivota a actividade
educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica, a creatividade e a
interdisciplinariedade.
Proxectos 2020 é a oitava edición das exposicións do programa “Proxectos”, producidas no ESPAZO EMAO dende que se iniciara a exhibición ao público dos traballos de fin de estudos con Proxectos 2013.
No
vindeiro mes outubro abrirase a segunda parte desta exposición con
obras das mesmas especialidades, completando así todas as presentadas
durante ese ano académico.
NOTA: por razóns de seguridade COVID, limitarase o aforo da Sala a un máximo de 20 persoas en presencia simultánea.
Ficha da Exposición
Proxectos 2020
[Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2019-21]
Lugar:
Espazo EMAO (Sala de exposcións da Escola Municipal de Artes e Oficios
de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 25 de xuño ao 10 de setembro de 2021.
Horario: De luns a vernes, laborables de 19:00 a 21:00 horas (agosto pechada).
Comisariado:
Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, Rosa García, mestra de
Talla e escultura en madeira e Darío Basso, mestre de Pintura, coa
colaboración do profesorado de Cerámica artística, Serigrafía artística,
Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Construcción
de instrumentos-Gaita, Artesanía en coiro e Moda e confección.
Cartaz: Federico Fernández
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2021
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!