Acción Cultural Española (AC/E) publicou a terceira convocatoria do Programa para o Fomento da Tradución e Ilustración de obras literarias a linguas estranxeiras correspondente a 2021 por un importe de 450.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde este 9 de xuño ata o 31 de decembro de 2021.
O Programa de Fomento para a Tradución e Ilustración de obras literarias de AC/E creouse en 2019 con motivo da participación de España como país convidado de honra na Feira Internacional do Libro de Frankfurt co fin de propiciar a tradución de obras literarias españolas por parte de editoriais estranxeiras. As axudas incentivan a venda de dereitos de creacións literarias españolas, favorecendo así a súa visibilidade e recoñecemento internacional.
A Feira do Libro de Frankfurt é a máis importante do mundo neste sector,
onde se estima que se negocian o 80 % de contratos anuais de dereitos
de autor, constitúe unha excelente oportunidade para a promoción de
títulos españois en Alemaña e outros mercados estratéxicos de interese
para a industria editorial española como o anglosaxón, o francés ou o
italiano. Con estas axudas preténdese aproveitar a repercusión amplificadora que ten a Feira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!