venres, 18 de xuño de 2021

Guerreiros de terracota [BIBLIOTECA]

 Hoxe subimos ao expositor un "clásico" da nosa sección de libros de gran formato


Guerreros de terracota : el ejército eterno del primer emperador chino / dirigido por Roberto Ciarla ; [textos de Roberto Ciarla ... et al. ; fotografías, Araldo de Luca].-- Madrid : Libsa, cop. 2006

En 1974, un campesiño descubriu por casualidade o primeiro dos oito mil soldados que custodiaban a tumba do primeiro emperador de China. Posteriores escavacións desenterraron un dos maiores descubrimentos arqueolóxicos da historia. En tres grandes fosas xunto á tumba de Qin Shi Huang xacía un tesouro que permanecera oculto ao mundo durante case 2.200 anos: todo un exército de terracota con máis de 8.000 soldados, unha cabalería de 150 animais, 130 carros tirados por outros 520 cabalos e ata 40.000 puntas de frecha, xunto con ducias de espadas, lanzas, ballestas e outras armas de bronce.

Durante décadas, os guerreiros de terracota deron traballo a xeracións de arqueólogos. Pero aínda hoxe, a ciencia continúa revelando secretos que o silencioso exército custodiou durante milenios.
 
O xacemento arqueolóxico dos guerreiros de terracota en Xian preséntase neste volume a través das exhaustivas análises que expertos internacionais fixeron del e con impactantes fotografías dun dos mellores profesionais do mundo da arte.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!