martes, 29 de xuño de 2021

Resumo do curso EXTRAORDINARIO de Moda e confección [MODA]

E remata o curso 2020-2021. Presentouse como un curso estraño, no que a pandemia do coronavirus nos tivo expectantes os primeiros meses. Se as aulas serían seguras... se habería contaxios... se volvería a pechar todo... e, ao final, todo saíu mellor do que esperabamos. Demostrouse que a ventilación, o uso de máscaras, a distancia e a hixiene de mans eran a mellor defensa para deter ao virus. Estabamos preparados para a teledocencia, e tivemos que botar man dela durante tres semanas do mes de febreiro.
E aínda que custou coller o ritmo, chegamos a xuño con moitos coñecementos novos e sabendo facer unhas pezas moi interesantes. E aquí deixamos unha pequena selección de traballos de alumnos.

Esta primeira selección corresponde ao curso de Extraordinario. Este nivel xurdíu a raiz da necesidade de regularizar a entrada en nivel básico tras a adaptación da especialidade ao plan de estudos PEMAO15. Formáronse durante este ano alumnos que terminaran o curso superior en anos anteriores máis outros alumnos novos con coñecementos previos.

O primeiro bloque adicámolo á experimentación dos pregados en diferentes partes como escotes, mangas, corpos ou saias.





O segundo bloque do curso avanzado dedicouse a lenzaría e roupa de casa e de baño; bragas, suxeitadores, pixamas, batas, bikinis, bañadores... e estas son algunhas das pezas feitas polos alumnos










Quero dar as grazas a todos os alumnos participantes neste curso Extraordinario, xa que non solo eles aprenderon se non tamén eu. Xogamos co volume, cos tecidos e con deseños que non sempre sabía moi ben como facer. E de aí a frase máis repetida do curso... " non sei, imos probar" e saíu ben así que grazas por poñerme en apuros.

¡Feliz verán a todos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!