Esta mañá Sofia Venzel, alumna de serigrafía, compartiu connosco a súa experiencia como investigadora na Biblioteca Internacional da xuventude de Munich. Trátase da biblioteca máis grande do mundo especializada en literatuta infantil e xuvenil e está situada no castelo de Blutenburg.
Está a realizar un traballo de investigación sobre cómo está representada a Unión Soviética na literatura infantil internacional. Estas son algunhas das fotos que fixo durante a súa recente estancia en Munich:
Ademais acaba de saír publicado o seu segundo libro titulado Entre bastidores (o primeiro foi Al Sur ) ambos de Thule edicións. Entre bastidores está inspirado na súa infancia xa que a súa nai era actriz e directora de teatro así que Sofía pasou moito tempo entre bambalinas xogando e así se reflicte no libro. Na nosa aula está a desenvolver o traballo en serigrafía con esa mesma temática.
Sofía entre os seus libros e as serigrafías realizadas na aula |
Graciñas por compartir connosco a túa experiencia Sofía!
E fantástico ver como o alumnado saca froitos tan fermosos. Parabéns
ResponderEliminar