martes, 1 de decembro de 2020

Propiedade intelectual [DEBUXO]

IBAÑEZ

O gran Ibáñez, que non necesita presentación, deixou a editorial Bruguera no ano 1985. Bruguera presentara suspensión de pagos no ano 1982 e no 1986 bota o peche, ou mellor dito,se tranforma en Ediciones B do grupo Z. Ibáñez levaba na editorial desde o ano 1957. No 1958 creara os seus míticos e incombustibles personaxes, Mordadelo e Filemón. 


Bosquexos de Mortadelo. 1957

Estes representaron a BD máis rentable da editorial. Ibañez foi un traballor incansable que chegou a entregar a editora 20 páxinas semanais de historietas, un autentico despropósito pensando que Ibañez ademáis é  guionista e debuxante das súas historietas.

Cando Ibáñez decide deixar Bruguera atópase con que o dereito intelectual dos personaxes corresponde a Bruguera. Ibañez non ten dereito a continuar debuxando a Mortadelo e Filemón se non é para Bruguera. Así estaban as cousas.


A DER

Este é un exemplo flagrante da inxustiza daqueles contratos leoninos que firmaban debuxantes xóvenes  en tempos nos que había necesidade. Xa acontecera que famosos debuxantes de Bruguera deixaran en bloque a editorial nos anos 50. Buscaban controlar o dereito sobre as súas creacións. Eses mesmos debuxantes escapados de Bruguera crearon a DER (Debuxantes e Editores Reunidos) e a revista Tío Vivo no ano 1957. A revista tiña un subtítulo "semanario de humor para mayores", intentando captar a xente adulta co seu humor.  Grazas a aquela desbandada xeral novos debuxantes como Ibañez entraron a formar parte das filas da gran editora, pero a cambio de non poder controlar o dereitos dos deus personaxes. Bruguera era inflexible.

Redacción de Bruguera no 1952 con Víctor Mora a esquerda

Bruguera fixo todo o posible para que a revista Tío Vivo non funcionara nos quioscos, intentando que o ministerio non firmara o dereito de publicación, boicoteando a distribuidores e outro tipo de tretas. Ao final a gran editorial gaña a partida e absorbe Tío Vivo en 1960. A aventura daqueles debuxantes rematou pouco tempo despois de comenzar, regresando a Bruguera con un aumento na remuneración de cada páxina entragada, pero nada máis.


¿QUÉ PASOU CON SUPERMÁN?

En 1937 os creadores de Supermán, o guionista Jerry Siegel e o debuxante Joe Shuster venderan por 130 dólares os dereitos do personaxe a DC Comics. Os creadores do que logo foi un lucrativo viaxe polo universo dos Supeheroes, non tiñan dereito sobre o seu personaxe cando deixaron DC. Tiveron unha compensación económica cando se levou Superman a gran pantalla, pero o dereito sobre o personaxe nunca o recuperaron. 


Primeiro número de Superman.1938

PROPIEDADE INTELECTUAL

Un contrato persoal cunha editora non pode levar ningunha clausula na que se permita a dita editorial apropiarse da idea executada dun autor, xa que a obra do autor  lígase indisolublemente ao dereito de autoría. Un autor pode ceder os dereitos durante un tempo determinado para que a súa obra sexa reproducida e comercializada por unha editora, pero a idea sempre pertence o autor e os orixináis tamén, sempre e cando o autor non os venda, pero únicamente como peza artística. O discurso gráfico que caracteriza ao autor, ben sexa dunha banda, dun cadro ou dunha ilustración é un vehículo propio de transmisión de ideas e de conceptos que é  persoal e intrísico.  


"El invierno del dibujante". Paco Roca

Ao contrario que no caso da propiedade industrial, no de propiedade intelectual non é necesario o rexistro da obra para que esta sexa protexida, xa que a protección legal recoñécese ao autor polo feito de selo. Así aparece recollido no primeiro artigo da  lei de propiedade intelectual de 1987. Esta lei derogaba a de 1879 de propiedade intelectual, a que estaba vixente en 1958 e non se modificara desde ese momento. Esta lei recollía como beneficiarios da propiedade intelectual  a autores de diversa índole, pero non quedaba especificado o caso dos autores de BD, A BD no 1879 nin existía como tal. Os "debuxantes de monigotes" non eran considerados autores e os contratos firmados cas editoras contaban ca clausula de "título traslativo de dominio", polo que eles quedaban desprotexidos frente as editoras.



"EL INVIERNO DEL DIBUJANTE"

 "El invierno del dibujante" o comic book de Paco Roca, trata este tema, precisamente no momento no que os debuxantes Josep EscobarJose PeñarroyaCarlos Conti, Guillermo Cifré e Eugenio Giner, considerando abusivas as condicións da editora, deciden deixar en bloque Bruguera. Estes son considerados, xunto co lexendario Vázquez, do que habería que facer un capítulo aparte, os cinco grandes de Bruguera, os que desenvolven o estilo Bruguera tan característico da nosa BD  e que inspiraron a Ibáñez naqueles anos. Algúns deles foran perdedores da guerra ca República, pasaron polo cárcere e remontaron con humor en aquela España gris sorteando a censura e as malas condicións de vida, conseguindo algo importante, un estilo propio e un gran recoñecemento...pero inxustamente remunerados.


"El mundo de Escobar". Ediciones B

AS LEIS

As leis actualízanse cos tempos co fin de crear un marco ao que poder acudir e dar resposta a cidadanía nos problemas sociais que podan xurdir, como a sociedade cambia as leis tamén. A lei de Propiedade Intelectual de 1879, era a todas luces desfasada cos tempos e non daba resposta a problemática dos debuxantes de BD daquela época. Pensemos que en 1879 nin sequera existía a Banda Deseñada como medio. A seguinte lei xa en democracia, foi a de 1987, Lei 22/1987, de 11 de Noviembre, que establecía o marco específico dos dereiros de propiedade intelectual adaptándose ás novas circunstancias. Posteriormente houbo novas modificacións desta lei ata que queda derogada polo Real Decreto 1/1996 de 12 de abril que armoniza as disposicións legais sobre a materia. Este Real Decreto ley modifícase na Lei 23/2006 de 7 de xullo que se adapta aos cambios surxidos ca aparición das novas tecnoloxías e incorpora as directivas aprobadas polo parlamento Europeo nesta materia. A última modificación da lei a que nos temos acoller no que se refire a propiedade intelectual é a Lei 2/2019 do 1 de marzo.

¿QUÉ PASOU CON MORTADELO E FILEMÓN?

Ibañez deixara Bruguera cando a primeira Lei de Propiedade Intelectual redactada na democracia ainda non se aprobara en España, faltaban para iso dous anos. Durante ese periodo Bruguera era propietaria contractual das series de Ibañez, polo que un equipo formado por debuxantes e guionistas seguiron producindo historietas de Mortadelo e Filemón...pero co seu creador ao marxen. O curioso era que o propio creador non podía seguir ca serie de Mortadelo e Filemón fora do paraugas de Bruguera. Ibañez ficha ca editoria Grijalbo e crea novos personaxes e novas series como "Chicha, Tato y Clodoveo, de professión sin empleo" e "7 Rebolling Street", unha versión nova da exitosa "13, rue del Percebe"



A lei de 1987 confirma a propiedade das obras por parte dos autores. Ibáñez recupera os dereitos dos seus personaxes e entra a formar parte de Ediciones B que absoverá a Bruguera e quedara con  todo o fondo editorial. A nova editorial chega a un acordo Ibáñez e por fin retomará aos seus exitosos personaxes que o levaron a fama internacional. A serie de Mortadelo e Filemón continúa hoxe en día. O incansable Ibañez  xa con 84 anos, como él mesmo di, morrerá na mesa de debuxo....eso si, co recoñecemento económico que merece.

IBAÑEZ

A remuneración de un autor, como creador, consiste na participación económicas dos beneficios que xenere a divulgación da súa obra. A maior difusión da obra maior cuantía dos beneficios lle corresponde ao autor.

2 comentarios:

  1. Encántanme estas entradas que estas facendo sobre a mítica editorial Bruguera, a BD clásica española dos anos 40, 50, 60 e 70 e os seus autores, os "paletas" da ilustración, sometidos en moitas ocasións a condicións de traballo moi severas. Parabéns!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas MJ.Todo este periodo da BD en España ten moita historia e nos toca de cerca, porque eran nosas lecturas de cativos.

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!