mércores, 23 de setembro de 2020

Daniel Johnston [DEBUXO]

 Os 11 de setembro  desde o ano 2001 son recordados por aquelas fatídicas imaxes de NY que cambiaron o mundo. Tamén o 11 de setembro os cataláns celebran o seu día, a diada. Pero a data do 11 de setembro agora tamén me lembrará a Daniel Johnston, xa que hai un ano, xusto, que faleceu á ideade de 59 anos. Johnston é coñecido como músico, cancións de gran sensibilidade versionadas por grupos ben coñecidos dos 90 como Yo la tengo, pero tamén será recordado como debuxante... unha sorte de debuxo adolescente pop americano. No ano 2012 tiven a sorte de vicularme dalgún xeito e estar perto da exposición e concerto que se fixera na Casa Encendida de Madrid , "Visiones simbólicas". Alí estaba eu en primeira liña... perto do mito. A exposición  foi unha retrospectiva da obra de Johnston que recollía todo o seu mundo obsesivo, diaños, super heroes e a imaxe idealizada do seu amor de adolescencia, Laurie. O exmánager e amigo Jeff Tartakov foi recompilando e gardando este material gráfico ao longo dos anos cos que fixo unha colección . Grazas a el puidemos gozar da súa obra, que nace para ilustrar as portadas dos cassettes que producía Daniel de xeito artesanal na súa casa. 

Ver a Johnston en directo foi unha mestura de sensacións entre ternura e pena.... o idealizado autor que coñecera e me entusiasmara na película The Devil and Daniel Johnston ... era un home desfeito subido a un escenario, sen dentes e coa camiseta manchada de lamparóns, cunha limitada voz, unha man temblequeante e pouca aptitude no escenario. Pero as cancións... as cancións... escoitar Speeding Motorcicle ou True love will find you in the end da voz de Johnston foi marabilloso... emocionante.




En 1992, Kurt Cobain, o lider de Nirvana, apareceu nos premios da cadea MTV cunha camiseta da portada Hi, Howe are you, de 1983. Un debuxo dos que Daniel utilizaba para ilustrar as portadas dos cassettes que producía de xeito artesanal e vendía por Austin (Texas). Ese debuxo xa forma hoxe parte da iconografía gráfica do mundo da música como pode ser a lingua dos Rolling ou o escudo dos Ramones.



Desde aquel momento todo o mundo empezou a pregutar nos círculos musicais e artísticos... quen é Daniel Johnston?

Grazas a ese empurrón e a un inusitado talento e sensibilidade comenza o camiño ao éxito. As excentricidades debidas á enfermidade que padecía, bipolaridade, consolida  o mito en que se converteu. Aclamado por grupos e artistas como Beck, David Bowie, Wilco, Sonic Youth, Yo la Tengo, Pearl Jam, o mesmo Matt Goening, o creador dos Simpson, declarouse fan da súa obra... ao recoñecer unha verdadeira conexión entre as cancións e os debuxos, unha simbiose perfecta.








En 2001 o realizador Jeff Feuerzeig, apasionado da obra de Johnston desde os comenzos nos 80, despois de recompilar durante anos material das actuacións e todo canto aparecía na prensa sobre a súa persoa, embarcouse nunha película documental sobre a vida e a obra deste mito indie. A película "The Devil and Daniel Johnston" estreouse en 2005 e foi premiada ese ano no Festival de Sundance.



Este trimestre, gustaríame proxectala nunha sesión de venres. Penso que é un documental moi emocionante que descubrirá, a aqueles que non o coñezades, un artista que vos emocionará, conmoverá e xa nunca poderedes quitar da cabeza.

A súa voz, as súas cancións sempre soan ao longo do curso na longa lista de temas que se escoitan no obradoiro de Debuxo.






3 comentarios:

  1. ... E un 11 de setembro de 1973 o fascismo deu un terrible golpe de Estado en Chile, implantando a sangrienta dictadura do General Pinochet... daquela asasinaron a outro músico, Víctor Jara, despois de cortarlle as súas mans para lembrar que nunca máis unha guitarra poidera reivindicar a xustiza e a liberdade..

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!