Eu son un grande oínte de radio. Desde sempre na casa dos meus pais a radio permanecía acendida todo o día. Hoxe a radio "á carta" permite que en calquera momento poidas escoitar os programas que che interesan e que non escoitaches nos momentos nos que se emitiron en antena. O outro día escoitando o programa Documentos de RNE acordeime da libreta de Bety, unha exalumna de Debuxo que participou na proposta que fixera no mes de abril "o que vexo desde a fiestra". O programa trataba a "Pandemia de 1918 chamada gripe española". Narraba o que aconteceu naquel momento, algo similar ao que estamos a vivir hoxe, noutro contexto, outras condicións, pero con certas similitudes. O documento deste programa é sonoro, as imaxes ten que crealas o oínte e iso paréceme fascinante. Eu, polo xeral, despois de escoitar estes programas, busco o documento en imaxes, pero desta vez acordeime da libreta de Bety. Ela non fixo unicamente un debuxo da proposta, documentou en debuxos todo o acontecido nos días do confinamento. Paréceme un emocionante documento histórico que dentro de 100 anos pode que alguén o utilice como exemplo en imaxes do que vivimos no 2020.
Con estes e outros debuxos a idea é facer unha exposición. Inicialmente pensabamos que sería unha boa idea comezar o curso con estas e outras pezas situadas pola entrada da EMAO, pero como vai ser lugar de paso e non se permitirán concentracións de persoas, agardaremos un pouco, agardaremos co fin expoñer dun xeito seguro.
Muy interesante la libreta!
ResponderEliminarA mun tamén me paerece moi interesante e mioi bo traballo
ResponderEliminarBoisimo, encantoume. Ben por Bety
ResponderEliminarNoraboa Bety.
ResponderEliminarQué bonitos!
ResponderEliminar