xoves, 27 de xullo de 2023

Exposición "Pinceladas do esquecemento. Elina Molins e Blanca Chao: artistas viguesas no século XIX" [OUTRAS NOVAS]


Mañá venres, 28 de xullo, inaugúrase esta exposición que rescata a obra de dúas artistas viguesas que apenas pintaron entre 1890 e 1910: Elina Molins Fernández e Blanca Chao Sedano.
120 anos despois o historiador e comisario da exposición José Luis Mateo as redescubre para o público, que poderá por fin coñecer o traballo destas mulleres pintoras inxustamente esquecidas.
A exposición pódese visitar ata o 21 de xaneiro.
 
LugarPinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego, situada no antigo pazo Arias Taboada. (Rúa Abeleira Menéndez, 8)
Horario: De martes a venres : de 18 a 21h
                Sábados: de 12 a 14h e de 18 a 21h
                Domingos e festivos: de 12 a 14h

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!