luns, 20 de setembro de 2021

TPT Gráfica [SERIGRAFÍA]

 TPT Gráfica é un taller de México especializado na edición e impresión de arte en serigrafía. Dirixido por Pablo Torrealba, o taller conta con máis de 30 anos de experiencia colaborando con renombrados artistas, arquitectos, fotógrafos, museógrafos, deseñadores e participa en proxectos culturais tanto a nivel nacional como internacional. Dende a aula de Serigrafía da Emao parécenos interesante a experiencia que amosan nos seus traballos cunha infraestrutura para a impresión en serigrafía de gran formato para edicións e tiraxes limitados moi coidados.

 Como editores e coeditores de arte, TPT Gráfica propúxose manexar os proxectos de maneira integral, desde a planeación ata o empaquetado, atendendo, supervisando e vixiando a produción completa das edicións. Podes atopar o catálogo de obra editada e producida por TPT Gráfica na web de Anemona Editores

  Aquí algunhas imaxes do taller coas impresionantes pantaias en gran formato:

 


E acontinuación algúns dos traballos que podedes atopar na web de Anemona Editores:





Petate. Serigrafía de Paul Muguet
O proxecto de edición de múltiples máis recente consiste na invitación a artistas para realizar obra gráfica en formato circular impreso sobre un soporte ríxido, aquí dous exemplos en serigrafía:

O fracaso da gravedade. Serigrafía de Omar Rodríguez-Graham




Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!