PROXECTOS 2021
Exposición dos proxectos de fin de estudos do alumnado do Nivel Avanzado 2019-21 (2ª parte)

Baixo o título “Proxectos 2021”, presentamos a segunda parte da Exposición dos proxectos de fin de estudos do alumnado do nivel avanzado de distintas especialidades da EMAO nos cursos 2019-21. O alto número de persoas e obras participantes neses cursos e nivel, obrigou a dividir a exhibición en dúas partes:
A primeira, Proxectos 20, que se exhibíu no noso Espazo EMAO entre os días 25 de xuño e 10 de setembro.
A segunda, que agora presentamos, terá lugar entre os días 1 outubro e 12 novembro de 2021
A orixe dos proxectos:
O novo Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, aprobado polo Concello no ano 2015, implantou o nivel educativo Avanzado, co que se rematan os estudos de cada especialidade. Ese nivel optativo, que pecha o currículum académico das persoas matriculadas, está destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado coa redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo/a mestre/a. Este proxecto pode orientarse cara á investigación, á produción, á creación ou á ampliación de coñecementos.
A exposición que agora presentamos recolle parte do produto final dos proxectos individuais do alumnado deste nivel seleccionados no curso 2019-21; nesta ocasión das especialidades de:
Proxectos 2021 é a novena edición das exposicións do programa “Proxectos”, producidas no ESPAZO EMAO dende que se iniciara a exhibición ao público dos traballos de fin de estudos con Proxectos 2013.
NOTA: por razóns de seguridade COVID, limitarase o aforo da Sala a un máximo de 20 persoas en presencia simultánea.
FICHA DA EXPOSICIÓN
Nome: Proxectos 2021 [Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2019-21 -parte 2]
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 01 de outubro ao 12 de novembro de 2021
Horario: De luns a venres, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisariado: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira e Darío Basso, mestre de Pintura, coa colaboración do profesorado de Cerámica artística, Talla e escultura en madeira, Artesanía en coiro e Moda e confección.
Cartaz: Federico Fernández
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2021
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga

- Cerámica artística
- Talla e escultura en madeira
- Pintura
- Debuxo artístico
- Artesanía en coiro
- Moda e confección
- Serigrafía artística
Proxectos 2021 é a novena edición das exposicións do programa “Proxectos”, producidas no ESPAZO EMAO dende que se iniciara a exhibición ao público dos traballos de fin de estudos con Proxectos 2013.
NOTA: por razóns de seguridade COVID, limitarase o aforo da Sala a un máximo de 20 persoas en presencia simultánea.
FICHA DA EXPOSICIÓN
Nome: Proxectos 2021 [Proxectos de fin de estudos do alumnado do curso 2019-21 -parte 2]
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)
Datas: do 01 de outubro ao 12 de novembro de 2021
Horario: De luns a venres, laborables de 19:00 a 21:00 horas
Comisariado: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico, Rosa García, mestra de Talla e escultura en madeira e Darío Basso, mestre de Pintura, coa colaboración do profesorado de Cerámica artística, Talla e escultura en madeira, Artesanía en coiro e Moda e confección.
Cartaz: Federico Fernández
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 2021
Axudante de montaxe: Eduardo Sánchez Arteaga
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!