luns, 6 de setembro de 2021

Arte de Man: 12 de Setembro en Allariz [OUTRAS NOVAS]

Arte de Man volta ás rúas de Allariz o 12 de setembro. Ao redor dunha vintena de artesáns tanto locais coma do resto da comunidade estarán dando mostra do seu traballo o domingo 12 de setembro en Allariz.

Este ano 2021, Arte de Man estreará nova localización dentro do casco histórico de Allariz . Durante a xornada dominical, a rúa Santo Estevo acollerá esta edición do Mercado de Artesanía. O cambio de localización ven dado pola situación actual da pandemia, aínda que manterá a súa esencia de celebrarse nas rúas de Allariz, cambiando de emprazamento cara a zona da Igrexa de Santo Estevo. A cita, reunirá a artesás galegos/as en horario ininterrompido de 11:00h a 20:00h.

Arte de Man ofertará exposición e venda de distintas disciplinas artesás, tradicionais e innovadoras, como son a cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, coiro e madeira, entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!