SECCIÓNS

venres, 20 de marzo de 2020

Xilografía e linóleo [SERIGRAFÍA]


No grupo de Básico estábamos a traballar as técnicas de estampación en relevo de Xilografía e linóleo. A temática elexida polo alumnado este ano para facer as estampas foi "O espazo". Podedes ir traballando a imaxe na casa e aínda que quedamos en facela a unha tinta podemos complicar a cousa un pouco máis para facela a varias tintas. 
Deixo enlaces do noso blog de aula de cando o artista Marc Taeger fixo  unha clase teórica sobre o linograbado na aula de Debuxo e despois unha demostración práctica na aula de Serigrafía Artística: http://serigrafiaemao.blogspot.com/2013/12/marc-taeger.html  así como imaxes do proceso de elaboración do  libro ilustrado por Marc Taeger para Kalandraka en colaboración cos obradoiros de debuxo e serigrafía artística da EMAO: http://serigrafiaemao.blogspot.com/2014/01/proceso-elefante-un-guisante.html






 Preme aquí para ver o resultado do libro feito por Marc Taeger para Kalandraka
Consulta aquí a inspiradora páxina de Marc

 Video sobre a técnica do linóleo:


Xilografía según tradición xaponesa ( recordade os exemplos que vimos na clase):


Como non temos tórculo na casa podemos facelo con barén ou co método da culler, animádevos a compartir os vosos traballos!. Podedes enviar as vosas fotos aquí, aos grupos de traballo de wasap que temos ou a este mail: serigrafiaemao@gmail.com


2 comentarios:

  1. Xa recibindo propostas do alumnado polo wasap (sodes xeniais). Sandra propón traballar o tema do espazo mediante a falta do espazo actual.

    ResponderEliminar
  2. Exemplo de que con técnicas básicas pode facerse un traballo moi profesional!!

    ResponderEliminar

¡Anímate a participar cos teus comentarios!