venres, 14 de abril de 2023

Proxectos 2022. 2ª Parte. Maruxa e Coralia [MODA E CONFECCIÓN]

Nesta segunda parte da exposión de Proxectos 2022 dende o obradoiro de Moda e Confección presentamos dous conxuntos baixo o título de Maruxa e Coralia. Un homenaxe a vida das “Marías” de Santiago de Compostela e inspirado no traxe tradicional galego.




Maruxa e Coralia Fandiño foron dúas mulleres reais, nacidas en Santiago de Compostela en 1898 e 1914. Fillas dunha costureira e un zapateiro, foron coñecidas en Santiago por pasear polas súas rúas co seu peculiar estilo, sempre moi maquilladas e vestidas de maneira colorida e alegre, consideradas naquel momento excéntricas.


Pero a historia destas mulleres non se limita só ao seu carisma á hora de vestir. Pertencían a unha familia de esquerdas e algúns dos seus irmáns colaboraban co movemento anarquista, motivo polo que foron perseguidos durante a dictadura e que os fixo permancer agochados e exiliarse temporalmente. Maruxa e Coralia, ao igual que a súa nai e outras mulleres da familia, durante décadas foron acosadas, ameazadas e posiblemente torturadas polos falanxistas que trataban de averiguar o paradoiro dos seus familiares escondidos. A familia caeu na pobreza e as dúas irmás acabaron vivindo da caridade da veciñanza, que lles tiña cariño e simpatía.

Pese ao que viviron, continuaron paseando por Santiago cos seus fantásticos atuendos e a súa gran personalidade ata finais dos anos 70. A día de hoxe, aínda podemos velas na estatua que as homenaxea na Alameda da cidade que as viu nacer, e, curiosamente, seguen cambiando de look cada certo tempo.




Laura Villaverde Martín é a autora de estes looks cos que xoga a mudar as formas as cores e o xénero.

A saia de Coralia cinguese ao corpo perdendo penso e volumen e o rosa empolvado rompe cos cores tradicionais máis intensos e oscuros. Como blusa utiliza o pano da cabeza dandolle un novo significado e actualizando o estilo ao despegarse do corpo en contraposición da saia.



O modelo de Maruxa toma o estilismo masculino para feminizalo convertindoo nun pantalón pirata con lorzas e unha camisa corta e traballada con bolillos antigos .


Ambos modelos contan coa sua peza de abrigo. No caso de Coralia o dengue actualizado con mangas de veludo e no de Maruxa a lera que ademáis de capa pode fincionar como saia.



Podedes disfrutar de esta mostra ata 26 de maio de luns a venres de 19h. a 21h.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!