martes, 18 de abril de 2023

Presentación do libro "Unha historia da arte galega" de Carlos L. Bernárdez [OUTRAS NOVAS]

 

O Ateneo Atlántico presenta Unha historia da arte galega, editorial Laiovento, o novo libro dE Carlos L.Bernárdez. O acto terá lugar o mércores 19 de abril, ás 19.30 horas, na  nosa biblioteca . O autor estará acompañado polo historiador José Luís Mateo.

“Desde as mámoas e os petróglifos até as tendencias estéticas das últimas décadas, o obxecto do libro é realizar un achegamento á imaxe artística galega, un anaco da tradición cultural europea producida nun país que posúe unha singularidade histórica marcada. Na arte galega foron proxectándose ao longo da historia as grandes correntes artísticas da Europa Occidental, con variábeis ritmos de incorporación e en sintonía con diferentes procesos históricos, e neles maniféstanse as peculiaridades, as diferenzas locais, as discontinuidades e os achados laterais a respecto dos períodos unificados da historia da arte. Alén diso, desde o século XIX, asistiremos ao intento de definir unha arte nacional, con diferentes denominacións segundo o momento histórico (rexionalismo, nacionalismo), nun contexto onde artistas e pensadores propiciarán coas súas reflexións unha lectura do pasado e presente artístico galego. (Texto do propio libro e da web da editorial Laiovento)

Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é historiador da arte e desenvolve o seu labor como ensaísta de temas artísticos e literarios e comisario de exposicións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!