O historiador e investigador José Luis Mateo Álvarez, membro do Instituto de Estudios Vigueses fará un percorrido sobre a imaxe da cidade de Vigo a través das publicacións seriadas do século XIX. A obra pictórica, o debuxo e o gravado como soportes artísticos utilizados polos artistas e editores en publicacións españolas ou estranxeiras.
José Luis Mateo é licenciado en Xeografía e Historia da Arte pola Universidade de Santiago, Máster en edición pola Universidade de Vigo. Foi membro do Equipo Técnico redactor do “Inventario do Patrimonio Etnográfico de Vigo"
É autor de varios libros, o último foi publicado recentemente: A Sociedade de Amigos da Arte de Vigo. Unha década de actividade cultural (1931-1941) que se presentou nesta hemeroteca o ano pasado. Son habituais o seus artigos no Faro de Vigo, no Glaucopis, o Boletín do Instituto de Estudios Vigueses. Tamén colaborou coa Enciclopedia Galega Universal da editorial Ir Indo na elaboración e redacción de entradas de términos do área de arquitectura e arte.
Ademais de todo isto ha comisariado numerosas exposicións tales como: Vigo ten swing no 2014, Teatro Keyzán: 50 anos de creación escénica... no 2016, ou Vigo na Aurora do século XX. Um ollar inédito no 2018.
Na nosa Escola foi o comisario de tres importantes exposicións: Emilio Fernández Rodal. Retrato de Sociedade dun artista vigués (2013), Ángel Mareque e a creación do taller de ourivaría na Escola de Artes e Oficios de Vigo" (2014) e a máis recentemente "A Escola de Artes e Oficios. 130 anos na historia de Vigo... no 2019.
Agora está a piques de inaugurar unha nova exposición no Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León” no vindeiro mes de xullo.
Presenta: Mª Jesús Cuesta. Bibliotecaria da EMAO
Data: 28 de abril de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!