martes, 25 de novembro de 2025

28-11-2025. Venres da EMAO presenta "Cerámica AICA" [CERÁMICA]

 

Ricardo García Fernández é fillo, neto e bisneto de alfareiros. Aprendeu a tornear dende que era un neno, e leva media vida transmitindo o oficio herdado.

Ven aos "Venres da EMAO" para compartir a historia de AICA, que é a historia da súa familia. Orixinaria de Niñodaguia, emigrou a Cuba onde fundou unha empresa cerámica que chegou a ter 14 empregados, e máis tarde retornou a Galicia para instalarse en Mos.

Unha historia de tradición, cerámica, emigración e superación.

Presentado por Esther Quintas (mestra de Cerámica da EMAO)
Data: 28 de novembro de 2025
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

Entrada libre ata completar aforo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!