A Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC apostou desde sempre polo fomento da arte galega, prestándose como depósito e adquirindo durante moitos anos obras de arte coas que na actualidade todos os membros da comunidade universitaria e de fóra dela podemos gozar. A longa tradición do noso centro, pioneiro no apoio á creación artística e ao coleccionismo, levou a creación no ano 2011 do concurso de pintura CreArte na Universidade, un premio dirixido inicialmente a todos os membros da comunidade universitaria, e aberto a toda a sociedade desde a edición 2014-2015.
Continuando con ese espírito, fundamental para o crecemento persoal no seu máis amplo sentido, desde a Facultade convócase a X edición do concurso.
Continuando con ese espírito, fundamental para o crecemento persoal no seu máis amplo sentido, desde a Facultade convócase a X edición do concurso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!