Artista rigoroso, home reflexivo e profundo, viviu unha longa e fecunda existencia en lugares e circunstancias moi dispares, que o converteron nun personaxe cosmopolita e de vasta cultura. Un caudal persoal que transmitiu e plasmou en toda a súa prolífica produción creativa.

Os seus primeiros anos en Uruguai e Arxentina, onde se irá xestando o valor que a forma e a materia terán na súa obra posterior, logo en París onde se desenvolverá a súa madurez creativa, que alternará posteriormente con longas tempadas estivais na súa casa-taller da Armenteira (Pontevedra), lugar no que descubrirá o valor plástico, simbólico e emocional das cinzas.

Espazo, materia e luz son os elementos dos que sempre se valeu Nóvoa para articular a súa obra, facendo fincapé nas relacións que se establecen entre eles, desposuíndo a obra do superfluo.

Nas súas obras anteriores a 1979, data do dramático incendio do seu taller de París, é patente a súa vocación tridimensional coas estruturas e relevos que inclúe debaixo das teas.

Nas obras posteriores, os límites entre a pintura e a escultura están cada vez máis diluídos, e as superficie das obras adquire volume a través dos relevos e da inclusión de pequenos anacos de corda —mecates—, materia e colaxes, que terán total protagonismo.

Suprimindo os xogos de cores, empregando o ascetismo do branco ou incluíndo as cinzas, Nóvoa consigue unha obra de código reducido pero conceptualmente sólida e profunda.

👍👍👍 me gusta mucho este artista.
ResponderEliminar