mércores, 19 de xaneiro de 2022

VIAXANDO CON YAYOI KUSAMA [TALLA E ESCULTURA]

Sen dúbida o 2020 foi o ano de Yayoi Kusama; Nova York, Londres, Berlín e Basilea foron as cidades elixidas para gozar da súa obra. Xardín Botánico de Nova York Tate de Londres Gropius Bau de Berlín Ludwig de Colonia Foundation Beyeter de Basilea
Unha das artistas máis mediáticas do século, alí onde se expón a súa obra miles de persoas visítana facendo inmersión no seu mundo onírico de volumes e cor. Estamos a falar dunha artista nada en 1929 que aos seus 92 anos cada día dedica sete horas ao traballo co seu equipo no seu estudo de Tokio producindo unha obra digna dun artista do século XXI , polo seu poder e difusión mediática, de feito moitos atribúen o seu éxito á gran repercusión que a súa obra ten nas redes sociais, nas que sobre todo en Instagram millóns de seguidores fanse “ selfies” diante dalgunha das súas obras, ademais a Gran industria de márketing que a artisa montou aproveitando a súa fama internacional Move millóns de euros, pero este é tema doutro debate no que non imos entrar agora, xa que Yayoi foi Warhol antes de Warhol e iso non o pode negar ninguén.

A gran aposta destas numerosas exposicións localizadas en distintos puntos do planeta foi a do xardín botánico de Nova York na que adaptou obra de recente creación aos espazos do xardín botánico, unha das súas últimas esculturas que se puido ver alí foi, Dancing Pumpkin, unha gran cabaza con tentáculos que nos convida a percorrer o xardín e descubrir os narcisos xigantes asomar dos estanques. 

  

Pero se en verdade queredes ter unha experiencia total coa obra de Yayoi Kusama non podedes deixar de facer inmersión nalgunha das súas instalacións - Infinity Mirrored Room- como a que se presenta na Tate de Londres ata Xuño deste ano “ Filled with the Brilliance of Life“ ca condición de que atopedes entrada!. Esta é unha dos seus máis espectaculares habitacións infinitas que xunto a Chandelier of Grief son as estrelas desta exposición Londiniense. Xunto coa exposición da Tate quédanos apuntar tamén para este ano a do Moco Museum de Amsterdam ata o 27 de febreiro. Desde logo todo un despregamento de opcións para gozar da obra desta artista cunha biografía peculiar da que falaremos noutra ocasión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!