Galería Maraca, creada por Chachachá Studio e capitaneada polo artista Raúl Bermúdez (ex alumno de serigrafía da EMAO) acolle este domingo o Día da ilustración, coincidindo co día de nacemento de Castelao. No evento convivirán actividades presenciais e actividades en liña.
O estudo vigués Chachachá leva máis de 15 anos traballando na cidade. Posicionáronse como referentes a nivel nacional, colaboraron con grandes marcas e organizacións —Greenpeace, FOX ou Banco Santander, entre outras e crearon a revista cultural Dot. Agora tamén engaden as súas andanzas a creación desta nova galería sita na Rúa Cervantes, 13-2º. A galería está especializada en ilustración e deseño. A exposición actuall é unha mostra de obras co nexo común de ser realizadas todas na técnica de risografía por Lacóncongrelos, un taller galego, con base na Coruña, que se dedica á produción de edicións gráficas e proxectos artísticos sobre papel, utilizando técnicas de impresión manual como a serigrafía ou a impresión dixital risográfica. A exposición contará con pezas pertencentes a series limitadas realizadas no ano 2021 de artistas nacionais referentes en autoedición, obra gráfica e ilustración, tales como: Begoña García- Alén, Edmon, Ghosttthead, Iván McGill, Julia Lago, Laura Mahía, Luís Yang, Maz, Nico Ben, Raquel Montero Estévez, Riaq Miuq e Tayone. A risografía, que é o punto de unión desta mostra, é unha técnica de impresión, con certa similitude á serigrafía, e que permite realizar obra seriada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!