O pasado luns 10 de xaneiro, faleceu un ilustrador que xa era en vida unha lenda da arte do libro infantil, Ali Mitgutsch. Foi un dos pais do que en Alemaña coñécese como "wimmelbilder" traducido como "obxeto oculto".
Este ilustrador non é moi coñecido en España, é unha pena. A editorial Juventud publicou a súa obra en español nos anos 70, pero posteriormente non atopo moitas outras editoras que o publicaran. Si que aparece unha edición en catalán do 2006 " El meu gran llibre d´imatges" editado por CEGAL, pero pouco máis .
Son libros sen palabras, polo que ainda que nos estean traducidos son universais, ideais para perderse nos detalles e establecer un xogo de busca de cousas, accións e personaxes. Son libros moi divertidos, estimulantes tanto para cativos como para maiores e moi recomendables a partir de 2 anos, xa que cada páxina é de cartón duro e resisten moito trote. O meu fillo ten 10 anos e ainda o segue ollando e atopando novas accións tolas e divertidas. Se tedes a sorte de contar con algún exemplar dalgún libro de Mitgutsch gardadeo con cariño nun lugar especial da vosa biblioteca, ou regaládemo a min, son un verdadeiro admirador deste xénero.
Edición en español dos anos 70 |
Mitgutsch nacera en 1935 en Munich, nunha alemaña que se precipitaba cara ao desastre do Nacionalsocialismo. Despois da guerra formouse en Munich como litógrafo e nos anos 60 comenza a súa carreira como ilustrador infantil. O seu primeiro libro publicado é do ano 1959 "Pepes Hut", titulo ao que lle seguirán "Ulus abenteuerliche Reiche", libro polo que será nominado ao Premio ao mellor libro infantil en Alemaña no ano 1960, e "Nico findet eine Schatz" do ano 1961.
Despois de facer unhas cantas viaxes por países exóticos a mediados dos anos 60, a carreira deste ilustrador dará un xiro en 1968 ca publicación do seu primeiro libro wimmelbilder, titulado "Rundherum in meiner stadt", "Ao redor da miña cidade" ; publicado pola editora Ravensburger Verlag. Con este libro Mitgutsch crea o novo xénero de libro ilustrado oculto e recibe o Premio ao mellor libro xuvenil de Alemaña no 1969. Despois deste título virían outros máis ata chegar a 70, sendo a colección da súa obra todo un éxito editorial. Só en Alemaña ten vendido algo máis de cinco millóns de copias e é todo un icono da arte do libro infantil.
Primeiro libro "obxeto oculto" de Mitgutsch do ano 1968 |
Penso que Mitgutsch na súa obra, rescata a tradición da pintura Flamenca caracterizada pola obra de Pieter Brueghel (1525-1569), ca que atopo certo paralelismo. Nos cadros de Brueghel podemos ver moitas escenas, moitas accións nunha misma localización e cada unha delas cargada de simbolismo. Mitgustsch utiliza a mesma perspectiva de puntos de vista compartimentados. Unha visión xeral do cadro, no que se solapan pequenos cadros que describen accións que poderían fucionar por separado. Esta tradición pictórica Mitgutsch a traslada a un público infantil, sendo un xeito maravilloso de introducir a arte, ou esta forma de composición pictórica, a este público.
Os proverbios flamencos. 1559. Pieter Brueghel |
Nunha entrevista realizada no seu 80 cumpreanos Mitgutsch dixo : "cada obxeto oculto é parte de min". Mitgutsch conseguía material para os seus libros pasendo polo seu querido barrio de Schwabing, o barrio bohemio de Munich, "Sempre teño unha libreta e un bolígrafo e rápidamente debuxo bosquexos cos que traballo máis tarde".
O seu editor, Clemens maier, fillo do que editou os primeiros libros de Mitgutsch e que hoxe continúa con esa tarefa, despediuse eloxiando o traballo deste gran ilustrador facendo referencia a vixencia das súas ilustracións despois de tantos anos.
Ata sempre mestre.
No lo conocía. Me parece expectacular. Se puede estar mucho tiempo delante de un cuadro y siempre encontrar cosas nuevas. Maravilloso
ResponderEliminar