VIGUESES DEPORTADOS AOS CAMPOS NAZIS
Lembrar hoxe e por sempre
Día Internacional de Conmemoración Anual en memoria das vítimas do Holocausto
27 de xaneiro do 2022 ás 19:00h
na
Biblioteca da EMAO
Hai 77 anos, o 27 de xaneiro de 1945, o exército soviético abría as
portas do inferno do campo de concentración e exterminio nazi de
Auschwitz-Birkenau.
No ano 2005 a Asemblea Xeral das Nacións
Unidas nomeou o 27 de xaneiro como día internacional de conmemoración
anual en memoria das vítimas do Holocausto.
Durante a Segunda
Guerra Mundial, o réxime nazi deportou por centos de miles de persoas de
diferentes nacionalidades a campos de concentración, destinados ao
traballo escravo e ao exterminio. Ao redor de 9.300 españois foron
confinados nos campos como prisioneiros políticos. Entre eles había máis
de dous centenares de galegos, un total de quince eran vigueses. Son
vidas que quedaron atrapadas entre dúas guerras e representan a derrota
republicana e o racho da distancia da terra pola que loitaron para
acadar unha sociedade máis libre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!