VENRES DA EMAO COS IRMÁNS TRIGO
Este venres 7 de outubro ás 19:00 horas teremos a Ramón e a Xosé presentando este proxecto de crowdfunding.
No ano 2017 o sur de Galicia foi asolado por unha ola de incendios que arrasaron montes, bosques, fincas e vivendas. O Proxecto Casa Queimada recupera un destes espazos naturais que foron arrasados polo lume: unha leira arborizada, cunha vivenda que tamén ardeu no incendio.
Sen seguro e sen axuda institucional, os Trigo reconstruíron a casa e rehabilitaron a leira. Durante a recuperación deste espazo expuxéronse transformalo nun espazo dedicado á creación artística, onde se poidan realizar talleres, exposicións, recitais, performances, etc.
Casa Queimada é un proxecto artístico que abarca diversas disciplinas, como pintura, escultura, ilustración, cómic, video, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!