Desde o ano 1997 cada 24 de outubro celébrase en varios países o Día Internacional das Bibliotecas. Unha data que busca resaltar a importancia que teñen estas entidades para a historia humana como resgardo da súa cultura, dos seus escritos, das súas crenzas. En España o Día da Biblioteca foi creado en
1997 pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co
patrocinio do Ministerio de Cultura e Deporte en recordo da destrución
da Biblioteca de Saraievo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.
A edición deste ano, baixo o lema 'BiblioTEcuida', céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios e das comunidades ás que pertencen.
A ilustradora e autora de cómics Xulia Vicente (A Coruña, 1993) foi elixida este ano para deseñar o cartel conmemorativo.
A ilustradora e autora de cómics Xulia Vicente (A Coruña, 1993) foi elixida este ano para deseñar o cartel conmemorativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!