Diego Rivera ao detalle, a monografía máis ambiciosa sobre o artista mexicano.
A editorial Taschen recompilou nun completo libro as obras murais máis importantes do artista mexicano Diego Rivera. Heroe popular latinoamericano, esposo de Frida Kahlo, comunista devoto e apaixonado da arte, Rivera é un dos pintores máis reconocibles do seu país, grazas ao seu interese por plasmar obras de alto contido social en edificios públicos.
Tras pasar uns anos en Europa e Estados Unidos, Rivera regresou na década dos anos 30 ao seu país natal para realizar algunhas das súas obras máis importantes. Murais de grandes dimensións, relacionados coa clase traballadora, que lle permitiron gañarse un status profético entre os campesiños do seu país. Obras tan características que fixeron posible que outros países se interesasen polas súas creacións.
Entre as súas obras máis notables atópase o grupo de 27 frescos presentes no Detroit Institue Art en Michigan, así como o mural no Palacio Nacional de México ou o do Teatro dos Insurxentes. Obras que a publicación de Taschen analiza con detalle, permitindo ao lector coñecer minuciosamente cada un das enormes creacións de Rivera.
O historiador Luís-Martín Lozano e o editor Juan Rafael Coronel Rivera, neto do pintor, foron os encargados de desenvolver esta obra na que tamén podemos atopar documentos e debuxos de coleccións públicas e privadas de todo o mundo, moitos dos cales eran ata o de agora descoñecidos para os estudosos da traxectoria de Rivera.

Dispoñible na nosa Biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!