xoves, 26 de febreiro de 2026

Exposición sobre a artesanía do coiro na vitrina do corredor de acceso á Biblioteca [BIBLIOTECA] [COIRO]


Na vitrina do corredor de acceso á biblioteca, pódense ver ata o 6 de marzo un conxunto de obxectos de coiro acompañados dunha pequena selección bibliográfica. Son pezas elixidas por Pepe Pereira, comisario da VII Bienal de Artesanía en Coiro da EMAO, como complemento á exposición "Noiroeste. A Reserva Occidental" que pode visitarse no Espazo EMAO (Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro)  ata o 27 de marzo .

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Anímate a participar cos teus comentarios!