"Midnight in Paris"
Midnight in Paris é unha comedia romántica que narra a historia duns noivos que pasan uns días de turismo en París, antes da súa inminente voda. El é guionista exitoso en Hollywood, pero a súa ambición é converterse nun gran escritor de novelas. Unha noite en que decide volver pola súa conta ao hotel, pérdese nas rúas parisienses. Mentras soan as badaladas da medianoite, cae baixo unha sorte de feitizo que o conduce aos anos 20, onde coñecerá a celebridades incribles. Unha deliciosa e surrealista historia de viaxes no tempo onde desfilan desde Hemingway a Salvador Dalí.
Escrita e dirixida por Woody Allen, foi acollida con grandes aplausos no Festival de Cannes de 2011, obtivo numerosos nomeamentos en prestixiosos festivais de cinema. Foi gañadora dun Óscar ao Mellor guión orixinal e dun Globo de Ouro tamén ao Mellor guión, entre outros premios.
Presentado por María Jesús Cuesta (bibliotecaria da EMAO)
Data: 6 de febreiro de 2026
Hora: 19.00h
Lugar: Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Entrada libre ata completar aforo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
¡Anímate a participar cos teus comentarios!